Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 21 de agosto de 2014

#cine #ogsn























Boas! Hoxe falaremos do filme que se estreou en España recentemente como "Guardianes de la galaxia". Adaptación dun cómic e do mesmo estudo que trouxo os vengadores, esta película xerara unha grande expectativa. Estivo á altura? Segue a ler para descubrilo!

A película segue o arquetipo das outras películas de Marvel e xa cho deixa claro dende a primeira escea, non intenta experimentos extraños nen pretenderser algo que non é. Así, o argumento , realmente , é moi simple:  inicio con presentación dos personaxes, conflicto, resolución, outro conflicto, outra resolución e batalla final . Tampouco hai que buscarlle máis. Incluso vai máis alá e aposta por prescindir de gran parte do "drama" presente nos Vengadores para dotar a esta película dun ton máis cómico que resulta entretido. Aquí non hai heroes por vocación que levan toda a vida preparándose para a gran batalla senón que é algo que máis ben cadra, ou iso queren deixar ver no filme.Tampouco digo que non haxa unha evolución dos personaxes, que a hai , moito máis presente que noutras películas, pero aquí remárcase moito o aspecto de que os gardiáns da galaxia, sobre todo Starlord, non son profesionais.


A nivel banda sonora conseguiuse integrar cancións de pop ou rock clásicas na trama para conseguir que a banda sonora non fose un elemento máis senón que participase de maneira activa na trama. Non hai grandes temas épicos ao estilo "Two steps from hell" senón todo o contrario, para reforzar o aspecto cómico.Aquí algúns exemplos:


Se falamos dos efectos especiais isto é do mellorciño. Edge of tomorrow tiña uns efectos especiais do copón pero o filme do que estou a falar hoxe é como Star Wars se daquela tivesen a tecnoloxía necesaria para realizar os efectos especiais adecuados. Explosións nun número tan elevado que son imposíbeis de contar ao mesmo tempo, centos de naves espaciais, armas, cidades alieníxenas , planetas e diversas criaturas extraterretres(En especial, Groot, o home-árbore, e Rocket, o mapache, que están excepcionalmente animados) fan do nivel técnico deste filme do mellorciño en canto a "space opera" se refire.

A peli gustoume. Poida que se vas con moitas expectativas e esperas atopar unha peli profundísima argumentalmente te decepcione, pero o certo é que creo que é un producto máis que satisfactorio e responde ao hype merecido.Totalmente recomendada.


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //