Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 2 de agosto de 2014

#manga #anime #ogsn

Viaxes no tempo? Superpoderes? Peña chunga? Count me in ! Hoxe falaremos dun manga chamado Kiseki no shounen , tamén chamado en inglés Miracle boy segundo Baka updates, de 28 capítulos de duración do xénero shonen e ciencia ficción. Imos co argumento!


Este manga conta a historia dun rapaz chamado Oda Yuuma , quen ten asombrados a tódolos seus compañeiros da escola e á xente en xeral dado que parece ter certas habilidades telekinéticas . Así, certas persoas deciden investigar a este rapaz para discernir exactamente a naturaeza das súas habilidades e o que atopan resulta ser de vital importancia para garantir o futuro da humanidade .
Agora sigo con SPOILERS
Na sinopse do manga non se entera un moi ben de cal é a trama principal nin , realmente, dentro de que xénero poderíamos ubicar a este manga. Se dixen que este manga é de ciencia ficción é porque as viaxes no tempo están á orde do día e son un elemento crítico da trama. Así, Oda Yuuma resulta ser un viaxeiro do tempo que viaxa dende o futuro ata varios anos antes do comezo da historia principal, para impedir que certa persoa morra e garantir o futuro dunha posíbel revolución de xente con poderes(Alguén dixo X-MEN días do futuro pasado?). Ademáis de Oda Yuuma hai outras persoas do futuro que non están pola labor e queren que se repitan os acontecementos tal e como ocorreron no futuro do que provén Oda Yuuma.
Agora outra vez SEN SPOILERS
O caso é que o manga, a pesar de poder ser encadrado dentro do xénero da ciencia ficción céntrase sobre todo na intriga e na investigación, non desvela a resposta á cuestións que se prantexan de xeito sinxelo e en certo modo invita ao lector a xogar a ser un detective e averiguar a resposta antes de que apareza nas páxinas da historia.




A nivel artístico o manga está  ben, é un estilo realista de debuxo alonxado de personaxes deformados cara o infinito e mulleres con peitos tan grandes que poderían ter un campo gravitacional arredor deles. Aquí óptase por un deseño de personaxes onde se toma como máxima que os personaxes se parezan a xente xaponesa e conséguese.
A historia é aceptábelmente interesante a pesar de que os últimos 5-7 caps finais son bastante lentos dado que a trama podería terse resolto con dous ao sumo e nótase que rechearon ese número de capítulos para completar o terceiro volume. Ademáis, ten un primeiro capítulo bastante floxo, mellora nos demáis.

Como conclusión, dicir que é unha lectura curta que está bastante ben levada, sen demasiadas fases de recheo e que agradará aos/ás amantes da ciencia ficción.
Notábel.

Nota: 7.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //