Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 7 de setembro de 2010




AUTOR: Taguchi Masayuki
TÍTULO: Lives(ライブス)
ANO:2006
Nº TOMOS:2
Nº CAPS:10
XÉNERO:survival horror, seinen, ecchi, acción, ciencia ficción
ANIME: Non
SIMILAR A :Battle Royale, King of Thorn



Aquí recomendo o manga de Lives, un manga de dez caps do aclamado Battle Royale, que xa farei a recomendación cando o lea. Este manga poderíamolo situar no xénero da ciencia -ficción, con toques de acción  ecchi e certo aire de survival horror ; ademáis poderíamos dicir que vai enfoacdo a unha demografía seinen, tanto pola temática como pola arte en si. Asi, de que vai?


Lives conta a historia de como de que unha chuvia de meteoritos caia en Tokio algunhas persoas despertan nun mundo que parece ser o máis alá e no que nada é o que parece.
Sinopse curta, si, pero é que contar máis sería malo, iso da unha idea xeral da historia.

O debuxo está moi ben, personaxes moi detallados e agradábeis á vista, así coma uns entornos selváticos e post-apocalípticos ben desenvoltos.
Como conclusión, o manga está moi ben , entretén e faite lelo rápido porque é moi intrigante pero é que dura dez caps... Moi curto, demasiado, se non fan unha continuación ou pollo menos unha ampliación do final atreveríame a dicir que non vale a pena lelo, xa que o final non vou dicir en que consiste,pero si podo dicir que deixa máis preguntas que respostas. En resumo, gran manga pero que sen continuación séntese baleiro, coma se lle faltase algo, cando o rematas pensas que o que liches foi o prólogo e vai comezar a historia, esa é a sensación que deixa.

Nota: 8.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //