Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 15 de novembro de 2010


O manhwa é un concepto en principio similar ao do manga xaponés só que coreano. Pero esa non é a única diferenza notábel, xa que o manhwa é un tipo de "cómic" cunhas características propias ben diferenciadas e que ultimamente estase a abrir camiño no mercado internacional.
Unha das grandes ventaxas que pode ter o manhwa con respecto ao manga para os lectores online é que é coreano.E que?Pois que ao ser coreano non existe shueisha, Square Enix nen publicadores voraces do estilo polo que non hai ningunha lexislación ao respeito de distribuír mangas online, ou se a hai non é demasiado permisiva polo que a distribución de manhwas está practicamente blindada.Dito isto afondemos un pouco máis nas súas características?
Se falamos da primeira diferenza que atopa o lector ao comezar na lectura de manhwa é que a gran maioría deles se len en sentido "normal" para os europeos e americanos, isto de esquerda a dereita e de arriba a abaixo  o que fai que cecáis sexan unha mellor opción para xente reacia a ler manga porque se len de dereita a esquerda.Relacionado con isto escríbense orixinalmente en coreano, polo que o texto orixinal escríbese cunha mecánica similar aos idiomas europeos de dereita a esquerda e de arriba abaixo. Ao meu entender cun pouco de práctica é relativamente sinxelo distinguir caracteres coreanos de caracteres xaponeses, aínda que non se entenda o que siñifican.
Outra diferenza está no nome dos personaxes, que se pode facer raro ao velo en coreano xa que difire un pouco da forma xaponesa.

Ben, aclarado isto, pasemos aos aspectos de ámbito máis formal.
-A cara e os ollos son normalmente esaxerados pero sen embargo o corpo é máis proporcional.
-Os efectos de son está escritos sen traducir en hangul(alfabeto tradicional coreano)
-É moito menos frecuente a adaptación a anime dun mahwa ainda que hai algunhas adaptacións reseñábeis coma Raganarok.
- A historia dos manhwas soe ser moit máis profunda que a da maioría de mangas, moito máis elaborada. Os personaxes son tremendamente complicados na maioría das obras e a historia ten múltiples xiros, o que pode ocasionar en máis dunha ocasión crebadeiros de cabeza para conseguir seguir a historia correctamente
-Normalmente non teñen unha duración escandalosa e como máximo a súa duración está sobre os 20 tomos. Soen ser historias curtas para un público moi concreto.
- A pesar de que teñan unha historia algunhas ocasións moi complicada son tremendamente interesantes xa que por consecuencia disto incluso os mangas de pelexas teñen unha historia que os sustenta i é practicamente imposíbel atopar o típico shonen sen historia onde o protagonista principal se dedica a repartir a nada mais.

 Ben , dito isto, aquí van algunhas recomendacións manhwa para que poidas comezar a adentrarte nestas historietas:

Se keres ler algo do xénero de pelxas-artes marciais, non deixes pasar Veritas e The Breaker. Ambas son dunha temática parecida, rapaz que non é ninguén coñece a un supermestre e comeza a entrenar en artes marciais. Son demografía seinen cunhas pelexas incribles e un argumento deses que perdura moito tempo na memoria polos seus xiros e a súa complexidade.Podes ler as dúas facilmente en submanga ou mangafox.O mellor que lin ultimamente de lonxe.
Se buscas algo máis do xénero fantasía medieval, sen deixar de lado a acción, bótalle un ollo a Archlord.




Se buscas algo cun aire a Hellsing definitivamente le Priest.


Se estás buscando romance, a min particularmente parécenme bastante interesantes tanto Onihime Vs coma Unbalance x Unbalance 

Need a girl é absolutamente hilarante, unha historia de rapaces de Istituto cunhas mentes tremendamente pervertidas cun humor que te fará rir a gargalladas.
Ragnarok  é tamén un mahwa tremendamente famoso no que se basou o xogo online




A verdade é que non son un experto do tema así que estas son as recomendacións que dou. De todas maneiras páxinas coma submanga ou baka updates ofrecen a opción de buscar directamente manhwa a súa búsqueda avanzada. Ahí queda eso.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //