Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 2 de decembro de 2010



EPIC WIN!Xa sei que este só é a primeira parte pero aínda así estivo moi ben, cun final incrible. Así, The Breaker é un manhwa coreano que se lee de esquerda a dereita de artes marciais que gozou de gran popularidade ultimamente. É bastante parecido ao outro do xénero que aquí xa reseñei chamado "Veritas" pero á contra deste último este non afloxa no final. Bueno, de que vai?-SPOILER AHEAD-
Pois conta unha historia que en principio pode parecer bastante simple pero neste tipo de Manhwas nada o é. 
Un profesor novo chega ao Istituto de Shin-woo, un rapaz que sempre recibe palizas dos seus compañeiros i é maltratado constantemente . Un día mentres ao salir de clase descubre ao seu profesor pelexando cuns matóns aos que lle pega unha paliza , polo que Shin-woo, despois de moito implorar consegue que o seu profesor de inglés se convirta no seu profesor de artes marciais.
O que non sabe Shin-woo é que acaba de entrar nun mundo coñecido como Murim, un mundo de artes marciais onde nada é o que parece e hai moito en xogo en cada batalla....
Ben , iso é máis ou menos de que vai. Ata aquí poderíase pensar: "vale, pelexas , moi mítico". Falso, as pelexas nunca cansan xD. Vale, agora en serio, The Breaker non é só un manhwa de pelexas. O máis interesante de The Breaker non son só as pelexas senón o que é o mundo do Murim en si, as historias de traicións, guerras entre clans e outras cousas que ocorren nese mundo.
FIN_SPOILERS
Ao ser un manhwa a cantidade de diálogos é inxente, polo que a historia pode elevarse a uns niveles de profundidade treemendamente elevados que fan deixar case o que é a acción nun plano secundario.
Se falamos do nivel de pelexas, o "realismo " é o que prima. Así, nas pelexas os protagonistas sangran moito  e non son inmortais, ademáis de que soen rematar as pelexas con secuelas que lles quedan coma a rotura de ósos. Vale, puxen "realismo" porque é que non é normal que unha soa persoa desarmada derrote a moitas armadas e disparando. Non, non o é , pero isto é un manhwa, que lle vas pedir?Ademáis, así e moito máis interesante ver as posibilidades e canto de realistas será o manhwa.


Podería estar falando da historia longo e tendido, pero creo que é hora de analizar o apartado artístico.
É bo, moi bo, sobresaínte, se o comparamos con Veritas está moito mellor debuxado, con moito máis detalle. O diseño de personaxes destaca polo seu realismo , destácase especialmente o deseño das féminas (En serio, non tódalas rapazas arredor dunha persoa son guapas xD). Os personaxes principais están moi ben retratados, tanto no debuxo coma no seu carácter, os últimos paneis da batalla de final de Sunsegnim son épicos.(O nivel de "badass" de Sunsegnim é simplemente sublime, gustoume moito mñais un personaxe secundario como é o profesor que o propio alumno)
A duración é curta porque o final é un ¿?, o que non quita que sexa un dos mellores finais (parciais) que levo lido ultimamente, pola cara de parvo que se che queda.
En resumo, o mellor de lonxe que lin este ano, é unha maravilla visual e de historia, deses manhwas que te deixan pensando despois de rematalos (no bo sentido xD)


Nota; 9

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //