Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 14 de xullo de 2011

Bueno, este manga polo menos pareceume gracioso. Vale que non sexa unha obra mestra pero polo menos serve para pasar o tempo.
Conta a historia dun rapaz cuxa irmá se dedica debuxar doujinshi(non sei se escribe así, é unha aproximación xD). Así, este rapaz axúda a debuxar e vai con ela a feiras de manga.
Esta namorado dunha rapaza da súa clase que se atopa entre as belezas da súa escola, pero debido a que é moi calado non se atreve a confesarse.
O rapaz protagonista é contactado pola súa irmá, quen lle pide que se vista de rapaza para substituír a unha das súas amigas e conformar un grupo de cosplay. Non lle fai moita graza a idea ao protagonistas pero alí atópase co seu amor platónico, o que fai que comece a gustarlle este hobby.
Así, esta é a historia de que como o noso protagonista comeza a saír coa rapaza que lle gusta vestido de muller sen saber esta última que é realmente o noso protagonista. 
Bueno. É gracioso e a min entretívome. Ademáis é curto e conciso, non estira de máis. Se eu fose ti, botáballe un ollo xD

Nota: 5.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //