Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 25 de novembro de 2012



Antes de nada, descúlpome por non ter escritor demasiado ultimamente, teño estado moi ocupado , espero que despois de que rematen os meus exames a situación cambie XD. Ademáis, estou enfrascado na construción dunha páxina web onde aloxar todo o contido deste blog feita enteiramente por min, de momento está en construción XD.

Pero poñámonos co que nos ocupa, que é falar de Video girl AI, un manga que é todo un clásico dentro do shonen-comedia-ecchi cuxo mangaka é o mesmo de I'ss  e Zetman, Masakazu Katsura. 

Así, Video Girl Ai( 電影少女 Den'en Shōjo ) gozou de bastante boa popularidade durante a súa época de pubricación (finais dos 80 principios dos 90 ) e tivo anime e live action. 

Conta a historia dun rapaz chamado Yota Moteuchi que está namorado da súa compañeira de clase Motemi, que é a rapaza máis guapa da súa clase, polo que non ten demasiadas expectivas con ela. Ademáis, está o feito de que Motemi resulta estar namorada do mellor amigo de Yota, un rapaz ao que non lle importan demsiado as mulleres pero que ten bastante éxito entre elas. Así, Motemi confésase ao amigo de Yota pero este rexéitaa dicíndolle que non lle interesan as mozas, algo que fai que Yota se de conta de que non ten ningunha oportunidade con Motemi. Logo disto, de camiño pra súa casa, decide alquilar unha película pra entreterse e alquila unha película sobre unha video-girl, unha cinta de vhs na que unha rapaza moi guapa anima á persoa que a está a ver. O problema ben ando Yota intenta reproducir a cinta no seu video estropeado, o que da como resultado que a video girl, que resulta chamarse Ai Amano sae do televisor e cobra vida. Por culpa do mal funcionamento do vídeo de Yota a súa personalidade é máis masculina e apenas ten peitos, está case plana, algo que Ai lle reprochará a Yota constantemente. 
Isto é un romance así que xa se pode adiviñar onde vai a historia: Ai namórase de Yota, Motemi consegue saír co amigo de Yota e Yota tenta esquecer a Motemi. Logo túrnanse e aparecen nov@s personaxes de modo que ao acabar o manga Yota estivo con varias rapazas.

É bastante gracioso pra ser un manga de fai máis de 20 anos, hai situacións realmente surrealistas que te farán rir a gargalladas. Respeito do xeito que se manexa a historia non hai grandes xiros argumentais, aínda que de vez en cando hai complicacións na historia, senón sería bastante complicado que durase tanto como durou(+100 capítulos) . 
O debuxo é bo, especialmente as féminas está moi ben debuxadas, con liña suaves e curvas ben definidas, algo que xa se podía observar en I'ss.

En resumo, é un clásico do que aínda se fala hoxe en día que merece ser lido dado que é unha obra ben levada, que é mellor ca algúns mangas do estilo de hoxe en día.


Nota: 8 

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //