Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 4 de setembro de 2011


A imaxe cos estrenos pódese ver no link que poño a continuación:
http://neregate.com/blog/wp-content/uploads/2011/08/neregate.com-Fall-2011-Anime-v5.jpg

Hai varias cousas que quero ver, especialmente Shana III, fai moito tempo que espero o final dese anime e teño grandes expectativas postas no mesmo.
A segunda tempada de Working!!!(que xa comezou a data da escritura deste post e cuxo primeiro cap xa vin) segue co mesmo estilo que a primeira , polo menos de momento, non decepciona.
Teño curiosidade por ver como sae o anime de Persona, chamado Persona4, polo menos o deseño de personaxes parece brilante.
Mirai Nikki é un manga que fai moito tempo que teño para ler, cecáis me anime agora que sacan a animación do mesmo(poñer anime dúas veces na mesma sentenza con siñificados diferentes pareceume excesivo XD).
Tamén está Boku wa Tomodachi ga, que leo en manga e ten o seu punto gracioso, aínda que non demasiado XD.
Teño curiosidade por ver esa de C^2 , soa interesante aínda que non teño moi claro se o será ou será un fiasco....

Esta tempada parece que será boa. :). Máis información en:
http://www.squidoo.com/anime-season-fall-2011
http://ramenparados.blogspot.com/2011/09/temporada-anime-otono-2011.html

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //