Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 11 de novembro de 2011

That cleavage!
Esta Ova conta o arco argumental consistente na batalla entre o equipo de Ikki, Kogarasumaru e os Sleeping Forest ; máis ben contra recordos dos Sleeping Forest almacenados nun ordenador, xa  a batalla é virtual.
Así, todo comeza cando Ikki a lía e esquece apuntarse ao torneo (LOL XD) polo que Simca, Croissan Kamen(Todos sabemos quen é xa XD) e Kurumu(A tuner de Ikki, non recordo se se chamaba así XD) aparecen ao rescate do equipo e Simca atopa un xeito de que poidan participar no torneo(recordemos que ese torneo suponse que é o torneo definitivo e que o que o gañe ascenderá a torre e será o rei ) .
Epic LOL no momento no que Ikki mira o escota de Simca e aparece unha flecha de puntos dende os seus ollos ata o escote XD, é normal, eses peitos eran hipnóticos XD.


O caso é que os protagonistas van á case de certo personaxe que resulta ser un ex-membro de sleeping forest otaku, quen decide axudalos só se son capaces de derrotar ao vello equipo de sleeping forest nunha simulación de ordenador.
A pesar de ser no ordenador, a batalla é moi interesante, dos mellores arcos de toda a serie; esta OVA está bastante ben animada é fai xustiza.
Así, hai varios personaxes facilmente identificables como Spitfire, Rika, Sora e Kilik(hai máis pero non recordo os seus nomes).
Epic LOL cando para facer que Kilik e Sora entren na batalla Agito/Akito ten que tocarlle os peitos a Rika XDDD

Comeza a batalla, esta vez unha batalla do nivel máis alto, isto é, unha na que teñen que coller un globo que está flotando , algo que debe facer a "panther", que suponse que é o/a máis rápido/a do equipo. Cada equipo vai un pouco á súa bola e Bucha e o personaxe de Sleeping Forest equivalente póñense a pelexar .
Así , o resto de Sleeping Forest intenta atopar o globo e   Sora fai unha boneca de Rika cun bicho que é como de goma, facaendo que Kilik case se desangue XDD(LOL)



Non cubre todo o arco e deixa a acción no máis interesante, isto é , no momento é que Kogarasumaru resurxe das súas cinsas e grazas ao porco xigante creado polo patinador do mal cheiro conseguen meterse na batalla de novo.Like a boss XD.
O arco remata na OVA seguinte. Alí contarei o desenlace do mesmo XD

Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //