Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 16 de decembro de 2011

Realmente foi unha pena que este manga remtara como o fixo, non tanto polo número de capítulos que ten senón porque foi cancelado debido aos seus baixos ratings.
Foi publicado na weekly shonen jump , razón dos seus baixos ratings na miña opinión xa que a demografía desa revista é claramente shonen como se indica no seu nome ; әnígmә é un manga que a pesar de ser shonen se cadra é algo escuro como para triunfar nunha revista coma a WSJ. Imos co argumento!

әnígmә  consta a historia dun rapaz de secundaria chamado Haiba Sumio, quen ten unha habilidade especial: é capaz de predicir o futuro mentres dorme, de forma que escribe o futuro nun diario mentres dorme, coma se estivese sonámbulo.
Cando a súa nai desaparece de socato e atopa unha nota dun tal әnígmә  , decide investigar e remata no seu istituto, onde tamén está outras persoas da súa escola . Así, o tal әnígmә  anúcialles que están pechados na escola e non poderán saír a menos que atopen os contrasinais para cada pechadura, de forma que hai un contrasinal para cada persoa. Así comeza este primeiro arco situándonos nunha trama do estilo survivalr-horror, aínda que con máis ben pouco horror XD, na que os protagonistas terán que sobrevivir duns seres chamados "sombras" que os devoran e atopar os contrasinais ao mesmo tempo.

Cando les әnígmә  , que foi pubricado semanalmente polo tanto os seus capítulos teñen da orde de 20 páxinas, parece que estás a ler un manga mensual dado que se contan demasiadas cousas en moi pouco espazo, algo que aínda que algunhas persoas consideren que é malo eu non o considero así e pola contra creo que é algo bo . Ademáis, está o feito de que mangas coma este intentan innovar nun mundo pragado de mangas shonen de batallas tìpicos, comedias escolares ou cousas similares que son case copy-paste uns dos outros e que non aportan nada novo. Iso é bo XD, realmente encomiábel. 
A nivel argumental poida que floxee nalgúns momentos, pero como media pódese dicir que é argumentalmente decente a pesar de que como foi cancelado de socato hai moitos cabos soltos no seu final , cousa que espero aclarar un pouco cando saquen o capítulo de epílogo.
Este é un manga de superpoderes: tódolos personaxes principais teñen algún tipo de habilidade e a verdade é que agradécese o feito de que non sexan os mesmos de sempre. Así, podemos atopar poderes tales como meterse dentro de fotos ou cuadros, poder revertir o estado de calquera obxecto, poder deformar a realidade mesma,......
En canto ao nivel de debuxo segue bastante o arquetipo shonen cuns modelados amigables e de formas redondeadas, procurando evitar os trazos toscos. É un debuxo bastante bo aínda que non é especialmente brilante e non deberías ler este manga se só che importa o debuxo.


En conclusión, un manga que debería ser lido dado que non é demasiado longo e a pesar de que hai outros productos de demografía máis seinen para ler do mesmo xénero(Doubt,.....) tendo en conta que isto é shonen é interesante botarlle un ollo para saber que foi o que o mantivo en serialización durante máis dun ano, tendo en conta que o debuxou unha autora novel.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //