Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 11 de maio de 2012


BamBam Bam BamBamBam
They're back! Así é, os variopintos personaxes do restaurante Wagnaria volveron pra unha segunda tempada de diversión. Que que tal foi? Na miña opinión foi incluso mellor que a primeira dado que comezou un pouco frouxa pero cando colleu ritmo tiña un nivel de calidade alucinante. Working é un deses poucos animes que podes ver en calquera momento que sempre te vai facer rir: pra min está entre os tres mellores animes de comedia que vin nunca. Imos co argumento!


ARGUMENTO

Continuamos a historia onde a deixamos na primeira tempada, con Takanashi e compaña a traballar no Wagnaria. Así, nesta tempada vemos como a relación entre Takanashi e Inami(Como recordatorio, dicir que é aquela rapaz adicta a pegar aos homes...XD) e ao final da tempada os dous chegan a unha especie de acordo : Takanashi admite que Inami, a pesar de non ser unha nena pequena é cute e Inami admite estar namorada de Takanasshi, aínda que non se concreta nada.
Outro punto importante da tempada é o avance da relación entre Yachiyo e Sato(Recordemos que Yachiyo é a rapaza guapa que porta unha espada e está namorada da manager e Sato o cociñeiro rubio) . Yachiyo descobre os sentimentos de Saito en certo punto da tempada e aínda que non lle di que si non os rexeita completamente.
Incluso vemos que a manager non é tan mala persoa como parece e axuda a un neno pequeno dándolle da súa comida XDDD Aínda que despois volve ao seu comportamento normal.

A nivel argumental, non é que haxa moito avance(coma na primeira tempada) e a serie conta historias de slice of life, que poida que non teñan moito que ver unhas coas outras pero a realidade é que a vida é así XD

PERSONAXES

Creo que non tería moito senso volver falar dos mesmo personaxes da primeira tempada, así que só falarei dos novos
-Mayu Matsumoto: SI! Por fin coñecemos que é esta rapaza. Na primeira tempada xa aparecera nalgunhas esceas pero non é ata o final da segunda cando sabemos por fin quen é. Resulta ser unha empregada do Wagnaria que intenta ser normal tanto na súa vida como no traballo pero é unha tarefa bastante difícil dado que traballa no Wagnaria...XD
-Haruna Otoo: Incrible! Por se non vos destes conta polo apelido, está é a tan famosa muller pedida do xefe do Wagnaria. Sen embargo, rematan por non atoparse a pesar das múltiples ocasións que se dan XD.
-Kirio Yamada: irmán maior de Yamada e experto karateka. É tan forte que é capaz de soportar un puñetazo de Inami e seguir normal. Está namorado de Inami pero está no no está del , aínda que respéitao e admírao por ser capaz de aguantar os seus puñetazos. Sempre anda a buscar á súa irmá Yamada pero o universo non quere velos xuntos XD
-Yohei Mashiba: un dos membros da mafia de Kyoko a manager. É moi leal a Kyoko e sempre fai todo o que ela lle pide   . Kozue, unha das irmás de Takanashi está "interesada" nel e pídelle que sexan mozos pero Yohei di que non porque non ten cartos pra mantela.
-Mitsuki Mashiba: irmá de Yohei e membro da mafia de Kioko. Así, é unha persoa teoricamente máis exitosa que Yohei na vida(con quen se leva moi mal) e está avergoñada de como era o seu aspecto no pasado, con esa pinta de yankee(enténdase no senso xaponés).

 ANIMACIÓN E BSO

Non é necesaria unha animación brilante pra este tipo de animes. Sen embargo, atopámonos cunha animación fluída, con colorido e  un bo deseño de personaxes. Os movementos son realistas e as expresións faciais son bastantes cribles.
Respeito da BSO é moi similar á da primeira tempada, temas moi rítmicos que cadran co ton xeral das serie.
Aquí o opening:

CONCLUSIÓN

Imprescindíbel. Se non viches a primeira tempada xa a estás a ver, e despois ves esta. É un deses animes que todo o mundo debería ver, as historias que conta son o suficientemente hilarantes como pra facerte rir en calquera momento.Queda dito.

Nota: 9.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //