Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 25 de xullo de 2012



Bite Me (traducido como Muérdeme moi acertadamente en España) é un libros destinado a un público xuvenil-adulto que tivo unhas ventas bastantes boas en estados unidos e que pecha a triloxía de vampiros de Christopher Moore.

Así, este libro, ao igual que os dous anteriores, ten unha historia conductora.
Sen embargo , non é polo que se debería ler este libro dado que realmente non é todo o emocionante que debería e digamos que é máis un pretexto que un fin mesmo. Así, o interesante do libro é a maneira en que Christopher Moore escribe toda a súa obra: a linguaxe dos personaxes(algúns) é totalmente vulgar con multitude de expresións de xerga urbana e tacos , os persoanxes e situacións que aparecen son totalmente extravagantes e con frecuencia non lle fan demasiado caso á lei(gatos vampito , porreros que loitan contra vampiros....) e sobre todo o humor mordaz de toda a obra con multitude de situacións que te farán rir sen parar.

Bite me continúa a historia onde a deixou o anterior libro da saga, aínda que afortunadamente fai un resumo. Así, o libro anterior rematou con dous arcos argumentais finalizados: o primeiro deles consistía en Abbigail Normal , o seu esclavo sexual e o amigo gay dela que encerran aos seus amos vampiros, Tommy Flood e Jody en estatuas de bronce ; por outra banda, o segundo arco argumental consistía en que os animais, un grupo de fumetas , que destruíron a unha prostituta vampiro , conseguiron volverse vampiros primeiro, outra vez humanos despois e expulsaron ao vampiro que convertera a Jody da cidade, Elija, o suposto vampiro orixinal.
Así, resulta que na cidade de San Francisco hai unha epidemia de gatos vampiro. Sí, gatos vampiro que se dedican a atacar en bandadas e que morden a indixentes maiormente, o que reduce o número destas persoas notábelmente.Así, Abbi ten que loitar con eles polo que fai que o seu moza(ela denóminao esclavo sexual, puto.....XD) co seu pelo manga super sexi lle constrúa un arma para matalos. Así, consegue unha cazadora que lanza luz ultravioleta. Iso está ben e tal pero non é suficiente dado que no seu primeiro enfrontamento ten que aparecer un samurai coa súa katana pra salvala.
Pouco tempo despois de que comece a historia, situada 3 meses despois do fin de "Chúpate esa" o amigo gay de Abbi fai que Jody escape do seu envoltorio de bronce por descuído ao facer un fenda no mesmo, o que fai que Jody escape convertida en néboa. 
Tempo despois escapa Tommy Flood, mozo/amante de Jody da outra estatua de bronce e alíase cos gatos vampiro: todos son unha especie de megaconciencia por momentos.
As cousas non pintan así moi ben así que os inspector Cavuto e o seu compañeiro deciden intervir, polo que lle piden ao mozo de Abbi cazadoras de luz ultravioleta e linternas da mesma luz.
A medida que avanza o libro vemos que Elija ten tres compañeiros, persoas ás que convertiu: dúas mulleres e un home. Descóbrese de que as posibilidades de que unha persoa sobreviva cando é mordida por un vampiro aumentan exponencialmente canto máis cerca se atope a persoa que o/a mordeu do vampiro orixinal, o que fai que , por exemplo, Tommy Flood perda vida pouco a pouco.
Abbi remata como vampiro despois de inxectarse sangue dunha rata vampiro, o cal fai que se converta en nosferatu , fai que lle medre unha cola e reduce o seu tempo de vida, cousa que non parece importarlle.
Chegado o momento os tres vampiros malvados chegan á cidade de San Francisco xunto do resto dos protagonistas e comeza a pelexa: os Animais conseguen cargarse a unha das vampiros co cebo do Emperador, un mendigo de San Francisco. Conségueno grazas a que teñen pistolas de auga cunha solución pra matar vampiros(que lles proporciona un boticario chino que di que o dos gatos vampiro xa pasou en China varias veces XDDDDD). Logo Jody pelexa con outra vampira e grazas a axuda externa consegue derrotala . Ao mesmo tempo o último dos tres vampiros morre polo que deciden ir ao barco no que viñeron os vampiros e solicitar contas.
Tommy Flood e Abbi vólvense humanos grazas ao mozo de Abbi, que rompe con ela.  Jody márchase no barco xunto co samurai, a quen converte co sangue de Elija, pra que vivan xuntos en agradecemento por salvala.
Os animais continúan as súas rutinarias vidas e o Emperador queda contento despois de salvar á cidade outra vez.


O libro é tremendamente divertido por Abby(co franceés, o de pegarlle unha bofetada ao seu mozo co pelo manga pra que non pense que é unha puta , o de ir con roupa gótica e queixarse do "tetamen" de jody.....) , os Animais, coa súa mentalidade de fumetas pero que conseguen cargarse a un vampiro, o Emperador, un mendigo ido de olla pero que ten os seus momentos de lucidez e a trama en sí dos gatos vampiro, quero dicir, facer que unha trama con gatos vampiro resulte medio crible(aínda que cómica) e permita texer unha historia é tremendamente complicado.

En resumo, triolxía imprescindíbel, probábelmente un dos mellroes libros de vampiros que ling(o mellor dos tres) e unha gran triloxía que se ri do xénero e mételle unha patada nas pelotas a Crepúsculo no proceso XD

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //