Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 2 de agosto de 2012

Between the adult world and the world of kids , there holyland exists. The lenient law and the reality of violence rules . A separate world. In that world, he was there - Kamishiro Yuu . He was , without a doubt , there.

Hoxe falaremos do manga de Holyland de Mori Koji. O manga ten 18 volumes de duración(capítulos semanais) i é do xénero de pelexas calexeiras orientado a unha demografía maiormente seinen(Publicábase na mesma revista que Berserker).Hai un dorama que adapta a historia.
Así, de que vai este manga?

Kamishiro Yuu é un rapaz que asiste a un istituto en Xapón.Sinte que non encaixa en ningún sitio, que non ten ningunha razón pola que loitar, pola que estar vivo, o que fai que esté sumido nunha profunda depresión a maior parte do tempo.
Ten un amigo moito máis risoño ca el e os dous deciden dar unha volta por certo barrio pola noite. O que Kamishiro ve esa noite cambia a súa vida pra sempre: ve como un ex-loitador que por diversas circunstancias rematou na rúa ten unha pelexa. A emoción que sente ao velo fai que lle ferva o sangue, desexa ferventemente experimentar ese mundo por si mesmo. Isto fai que entrene e que grazas á axuda de diversas persoas ascenda no mundo das pelexas calexeiras mentres derrota a moitos adversarios polo camiño, algúns dos cales convértense en amigos seus.
O manga segue unha liña argumental única, é liñal, comeza cando Kamishiro Yuu non é ninguén e remata cando se supón que é o xefe do lugar.

É un manga cun tremendo compoñente psicolóxico, as reflexións de Kamishiro Yuu ou de Izawa, o mentor de Kamishiro, son escalofriantes por momentos e fan a un preguntarse sobre diversos aspectos da conducta humana.
Logo está o de que a maneira na que se contan as pelexas é tremenda, nótase un intenso traballo de documentación detrás: síntes coma se estiveses ti na pelexa a observar e podes imaxinarte os golpes polas detalladas desctipcións que hai, a parte dos propios debuxos, que xa que falamos diso, teñen un nivel alto. Especialmente se falamos  das expresións dos personaxe e especialmente na de Kamishiro, quen ten unha expresión de " non toques as miñas galletas" tremenda XD.

En resumo, probábelmente o mellor manga que lin de pelexas calexeiras onde todo vale, o ring aparece en calquera lugar e a noite é o territorio ideal.


Nota: 8.5

FICHA TÉCNICA

TÍTULO: Holyland(Terra Sagrada)
MANGAKA: Mori Kouji
XÉNERO: seinen, artes marciais, pelexas calexeiras, artes marciais, psicolóxico.
ANO DE SAÍDA:2000
COMPLETO: Si
NÚMERO DE VOLUMES: 18
NÚMERO DE CAPÍTULOS: 182
FRECUENCIA DE SERIALIZACIÓN: Quincenal
REVISTA DE SERIALIZACIÓN: Young Animal
ANIME: Non
DORAMA:Sí

 


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //