Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 6 de febreiro de 2015

#manga #anime #ogsn
 
Boas! Hoxe falaremos da segunda triloxía dentro do universo extendido da serie Avatar, the legend of Aang. Así, atopámonos cunha historia que da resposta a unha das preguntas mási soadas entre os seguidores da serie: Quen é a nai de Zuko e cal é o motivo de que non aparecese na serie?

The search(A busca) conta con tres volumes e , como o seu título indica, vai da busca que realiza Zuko para atopar á súa nai. Así, atopámonos con que se volve á fórmula da serie de animación no nsenso de xuntar a un grupo de personaxes(Team Avatar) para perseguir un obxectivo común. Neste caso o equipo está conformado por Zuko, xa asentado dentro da súa posición de firelord , Aang,Sokka, Katara e a incombustíbel irmá de Zuko e princesa dos raios chamada Azula. 
Á fin dos eventos da triloxía anterior, Azula estaba confinada nun psiquiátrico, dado que fóra declarada inestábel mentalmente e Zuko decidiu que esa era a mellor opción. Sen embargo, dado que Azula parece saber algo sobre o paradoiro da nai de ambos, decíde facerse responsábel e levar a Azula como acompañante na busca.
Descóbrese que a nai de Zuko non se casou co seu pai por vontade propia, senón que foi obrigada cun matrimonio de conveniencia . Así, viuse obrigada a deixar ao seu amor na súa aldea natal, a pesar das protestas deste, e empreder a vida de raíña. 
Todo marchaba razoábelmente ben ata que Oozai ten dúbidas sobre se Zuko é fillo seu ou da anterior parella que deixou na aldea a nai Zuko(Debido á aparente correspondencia que parecen manter ámbalas dúas persoas, aínda que se descobre que as cartas nunca son entregadas e o amado non chega a recibilas), polo que a súa furia faise patente e Ursa(Nai de Zuko) decide que o mellor é marchar para poder vivir unha vida en paz e sobre todo non poñer en perigo o destino dos seus fillos. 
Perseguida con toda a furia do imperio do lume, Ursa e o seu amado escapan cara un monte e atópanse cun antigo espírito . Este espírito ten a capacidade de remprazar a cara dunha persoa coa doutra, dado que algunhas persoas deciden prescindir da súa cara ou pérdena ao intercambiala por algo máis preciado(Como lle pasa a certo personaxe da triloxía) . O espírito decide aceptar a petición de Ursa e esta recibe unha nova cara e perde todo recordo da súa vida anterior , polo que comeza unha nova vida.
Zuko e Azula rematan por atopar ao espírito responsábel disto e coa axuda do avatar conseguen que se lle devolva o rostro e os recordos a Ursa, quen á fin recorda todo e agradece o feito polos seus fillos.



Esta aventura é de corte máis infantil que a anterior triloxía, aínda que hai atisbos de política , como cando Zuko e Aang discuten a posibilidade de crear a futura cidade Capital. É notábelmente diferente dado que estamos ante un contido que podería ter sido emitido perfectamente no show(De feito, Di martino quería facelo pero non puido facelo) que mostra a evolución de personaxes e responde a unha daspreguntas máis comúns do universo de avatar de forma solvente.
ava

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //