Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 6 de febreiro de 2015

#manga #anime #ogsn

Boas! Este mércores fun ao cine ver o filme de Capitán Harlock, adaptación dunha serie de animación e manga homónimos que poden ser considerados clásicos pola súa antiguidade.
Non vira nin lera nada da obra orixinal así que, a nivel argumental polo menos, non tiña ningún tipo de idea de que me ía atopar(polo que lin por internet, tampouco é que importase moito dado que historia orixinial é notábelmente diferente do que se conta na peli.

As miñas expectativas eran bastantes altas, sobre todo en canto a CGI se refire ,dado que, no trailer que poño á fin deste post, pódese apreciar un salto de calidade importane con respecto a outras produccións de Toei e probábelmente o mellor CGI feito ata o día de hoxe. Así, polo menos a este respeito, cumpríronse as miñas expectativas? Sí, sen dúbida. A película luce magnífica, cunha atención ao detalle que nada lle envidia á gran película de animación de Tintín, outro referente no xénero. Os deseños de personaxes están ben e máis alá de se son realistas ou non segundo que estándares sen dúbida hai detalles espcialmente coidados coma as expresións faciais ou o movemento do pelo(Incluso en personaxes que apenas aparecen medio segundo en pantalla). Isto non quita que onde realmente destaca a peli a nivel de CGI sexa nas batallas espaciais  moi ao estilo de Stars Was(Certos cazas que saen son sospeitosamente parecidos aos cazas rebeldes...XD) onde as explosións están á orde do día e hai un depregue de luces e cor que realmente fai de cada escea unha marabilla visual.
Hai certas cousas que son cando menos curiosas, coma o tema de que ao disparar, as naves disparan láseres, non láseres-proxectís coma na maioría de pelis espaciais, pero realmente tampouco é que importe demasiado, é unha elección que tampouco resta validez ao produto final.

En canto á BSO é de gran calidade, non se queda atrás á hora de acompañar esceas épicas e alimentar a acción, tal se fose un ferreiro que lle bota petolos ao lume para que a súa fragua tire máis. O efecto é similar: refórzase a epicidade das esceas con melodías de corte clásico na súa maioría(Refírome a de tipo orquestral) aínda que ben é certo que hai algún que outro tema de tipo Rock que non está mal

Argumentalmente xa é outro cantar. Non vou dicir que o que é a liña xeral do argumento esté mal, dado que tenta abordar temas de corte adulta dende unha perspectiva fantasiosa pero sen perder a esencia da condición humana, ao remarcar os motivos dos personaxes para realizar certas accións. Sen embargo, a execución desta idea, en principio atractiva, naufraga por momentos con xiros de guíon moi tolos que te deixan un pouco descolocado e accións tomadas polos personaxes sen aparente motivo que curiosamente serven para que ahistoria desemboque no punto onde , dalgún xeito, xa supoñías que ía desembocar. En concreto, eu esperaba algún tipo de explicación máis enrevesada de certo suceso(Non digo cal por spoilers) pero á fin non foi todo o satisfactoria que eu esperaba.
O Capitán Harlock tenta ser un hero de acción e en certo modo conségueo, pero outros personaxes, en concreto o outro protagonista da historia, palidecen en comparación con discursos idealistas que non levan a ningún sitio e unha vontade diluíbel que o único que fai é incrementar a sensación de que podería terse usado outro arquetipo de personaxes para o papel.



En conclusión, a peli ten un CGI incríbel, o mellor que levo visto ata o día hoxe en pelis de animación pero perde folgos en canto a historia se refire, aínda que este é o suficientemente interesante para desfrutar das case dúas horas que dura a peli se che gusta o xénero das películas do chamado xénero space-ópera.

Nota: 7.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //