Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 18 de febreiro de 2010

Porque o ser humano non pode vivir só de shonen, ou se é de idade algo máis avanzada , de shoujo. Hai outros xéneros tan interesantes coma os aquí mencionados, sexa o caso do xénero de comedia-romance. Pastel encadrase dentro deste xénero. Certamente non é o primeiro que leo deste xénero, véxase lamune(anime), pero certamente paréceme o mellor do mesmo que levo lido ata agora. Así, sen máis dilación, paso a contar a historia deste manga que se leva publicando algún tempo e que aínda non finalizou. Ten toques ecchis, é dicir, escenas subidas de ton que son un denominador común ao longo da trama aínda que ao contrario que noutras series ecchis teñen "certo" sentido e son momentos moi graciosos.(Remarco o decerto, hai algunhs veces que non se sabe ben cal é o motivo dalgúns chistes).
TRAMA: a historia vai dun rapaz chamado mugi, que acaba de romper coa súa moza e que para pasar o tempo decide ir traballar a un bar costeiro da avoa dun amigo. Mugi é bastante pervertido(é unha constante ao longo da serie os momentos no sque oensa, que pasaría se..?) e espía sen querer a unha rapaza. A rapaza, en lugar de anoxarse moito, decide cobrarlle e marcha. Ante isto, Mugi dase conta de que é o amor da súa vida e decide ir tras ela. Non consegue atopala antes de que o barco marche pero coma se fose cousa do destino resulta que esa rapaza e a súa irmá van vir baixo o mesmo teito que Mugi, xa que o seu pai morreu.
PERSONAXES:
-Mugi:Protagonista. Ten pouca personalidade e cóstalle expresar o seus sentimentos . É moi patoso normalmente e sempre remata nunha situación embarazosa, aínda que na maioría dos caos consegue sair airoso. É moi bo cociñeiro e os seus pratos son incribles. A súa nai morreu cando era pequeno e o seu pai nun ca está na casa polo seu traballo de fotógrafo. polo que está afeito a vivir só.
-Yuu: a moza protagonista da historia. Acaba e morrer o seu pai ao comezo da historia o cal dsencadea que viva con Mugi. É unha moza con bos modais e que nunu ca desentoa. É moi celosa i é un desastre para a cociña.
-Tsukasa: irmá  de yuu, secundario aínda que paraece en boa parte da trama. É moi lista e en estados unidos salta cursos. Aínda é máis nova ca Yuu polo que sempre anda a gastar bromas a todos.
-Kazuki Sanmiya: o mellor amigo de Mugi desde a infancia. É moreno e pola súa aparencia a pesar de ser de canda Mugi parece moito máis vello. Ten unha moto e a súa actitude soe ser bastante despreocupada.
-Manami Sakiya: amiga da infancia de Mugi, que estivo namorada del desde fai moitos anos aínda que á fin remata con Kazuki.
Estes son os máis salientábeis ao meu parecer, áinda que este manga ten un longo elenco de personaxes, véxase Sayuri, quen aprendeu a Mugi a cociñar e agora é actriz, Ken, o pai de Mugi quen é un fotógrafo e case nunca está na casa;Tetsu, o dono dun restaurante onde Mugi traballa, Aoi, unha debuxante itinerante moi boa, Mako, a "nova nai" de Mugi, Kiku , a rapaza máis poular da clase de Mugi. Logo , a aprte destes temos que contar algúns compañeiros e amigos máis de Mugi e Yuu, algúns dos cales só saen nun capítulo.
Certamente teño que recoñecer que o debuxo da serie é bo, non é un debuxo que só se limite a describir a hsitoria, senón que aborda a acción desde diferentes ángulos, o que quero dicir é  que se mete na cabeza dos personaxes para saber o que pensan e así se reflexa en moitas escenas. Ademáis, non so ten o debuxo normal, senón que tamén ten rexistros con cecáis menos detalles pero que ilustran moi bebn a situación na que se encadran diferenciandoo esa acción conreta da trama principal pero relacionándoa ao mesmo tempo.
Neste manga o tempo pasa , e de feito dedes o comezo da historia ata onde se atopa agora pasaron máis de tres anos, o que é moito no número de capítulos que leva, aínda que hai que recoñecer que os capítulos teñen unha duración de 40-50 páxs, moito máis que outros mangas.
É un manga comedia romance moi divertido con escenas subiads de ton frecuentes, polo que eu o recoméndoo.

NOTA: 8.5


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //