Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 7 de febreiro de 2010

Ben, o anime de fairy tail leva 15-16 capítulos neste momento e o manga leva uns 170-171 capítulos, polo que é tempo de falar del. Fairy tail é un shonen á antiga, da escola de Dragon ball, co seu heroe invencible Natsu, estilo son-goku e coa súa axudante, estilo bulma. Obsérvese que isto repítese en máis series recentes, coma One piece. Ben, así , se máis dilación, botémoslle un ollo á historia. Fairy tail conta ahistoria do gremio de magos do mesmo nome, un conxunto de magos que constituen unha asociacion e que levan a cabo misións(nótese aquí a semellanza con Naruto) . Isto facilita moito o recheo, que supoño que farán no anime.No manga van moito máis avanzados que no anime, e aínda que a saga actual ten certo toque repetitivo cunha sga previa, non nos podemos queixar co orixinalidade de Mashima.
Ten catro personaxes principais:
Erza: é a muller máis forte de fairy tail, a súa maxia básase en que pode transformar a súa armadura, de modo que pode facela resisente a varios elementos, que le saian ás, usar un longo arsenal de armas, etc. Ten un caracter moi serio , métedelle o medo no corpo a Natsu e Gray e diante del compórtanse coma se fosen amigos. A súa infancia foi moi triste e por iso chora nalgúns momentos.
Natsu: é un dos poucos dragonslayers que quedan . Ten maxia de lume que lle aprendeu un dragón. Sempre está pelexando con Gray . Parece bastante parvo aínda que nos momentos decisivos é listo e ten un problema seri cos meios de transporte xa que cando vai en tren ou en carro éntralle un mareo indescriptible que o deixa incapacitado para loitar.Basa a súa maxia na raiva.

Gray: é un mago que usa unha maxia de xeo que lle aprendeu a súa mestra Ur. É bastante forte, a ´sua maxia permítelle darlle ao xeo a forma que queira. Ten unha manía adquirida da súa mestra por quitarse a roupa en calqueira sitio. Tivo unha infancia dura, xa que perdeu a seus pais e familia no ataque dun monstro chamado Deliora, como se explica na serie.
Lucy: é un dos máis recentes membros de fairy tail. É unha maga de espíritos estelares, de modo que é capaza de invocar criaturas tanto do zodíaco coma non para axudala na batalla. Ao comezo é pouco forte, pero logo consegue moitos espíritos . Provén dunha familia rica.

Outro elemento  que me parece bastante interesante nesta serie e novedoso en certo modo con respecto a outras similares é que a acción non nse monopoliza nun personaxe. Certo é que é dedícacase unha saga a coñecer a historia de cda un dos protagonistas principais pero dedícanse moitos capítulos a coñecer a historia dos demais magos de fairy tail.
O debuxo está moi ben feito no manga e igual no anime e os/as seiyuus cumplen ben. Así, esta historia é un deses shonen á vella usanza coma dragon ball, que é do mellorciño que botan actualmente en xapón.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //