Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 26 de xullo de 2010


Como todo o bo, chegoulle a hora a onemanga, unha web en inglés onde se poderán atopar scans de manga dunha calidade moi boa, tanto en limpeza, calidade das imaxes coma calidade das traduccións, así com unha velocidade de carga maior que os seus competidores.Un mensaxe na súa páxina principal indica que a partir do 1 de agosto xa non funcionará máis debido a que os publicadores cambiaron a súa postura e decidiron mostrarse en contra de distribuir manga online ilegalmente, polo que onemanga retirará todo o seu coñecido antes de que acabe este mes. Unha triste noticia, xa que aínda que non é que non haxa máis sitios onde ler manga(mangafox, submanga) este para min era o mellor , polo que a min paréceme mal.
Ademáis, non é só por iso, senón polos argumentods dos publicadores. As editoriais xustifícanse coas perdas millonarias.Sí, vale, pero é que eu se non leo manga online non teño ningún lugar físico onde conseguilo, é dicir, a maioría dos mangas non están licenciados sequera en europa, para máis en España, e se aínda reducimos máis , Galiza.
Por outra banda, está o caso da popularidade, grazas á web, moitas series de manga escasamente populares no seu país gañaron un nivel de popularide espectacular grazas a ela, que doutro xeito sería imposible.
OneManga sobretofo era un exemplo de globalización, de de poñer a disposición un ben en todo o mundo.Ao parecer MangaFox está a salvo porque ten os seus servidores en China e submanga parece que tamén, esperemos que non siga esta caza de bruxas indiscrimnada e nun futuro as editoriais se den conta de que así van perder máis do que gañan.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //