Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 19 de xullo de 2010


Que dicir de Death Note que non se saiba. Foi a historia que na miña opinión lle deu un boom ao anime alá por 2003 e axudou a popularizalo grazas a internet(dsecarga "ilegal").Un dos animes que realmente é máis popular e cun target amplísimo que non se limita a fans do anime e ten fans que non son habituais. Certamente unha obra mestra, un dos mellores animes que levo visto sen discusión. Así, pasemos ao argumento
ARGUMENTO
A historia ten unha premisa simple pero directa: o poder de matar a alguén se necesidade de sequera achegarse a el. Isto conséguese cun obxecto chamado Death Note, unha libreta que como indica o seu nome serve para matar á xente. Se o propietario dunha Death Note escribe o nome de alguén na libreta e está visualizando a cara da víctima morrerá. Este argumento certamente non é algo que lle de un carácter demasiado fantástico senón que axuda bastante a darlle realismo.
Así, un día un rapaz de instituto atopa unha Death Note e comeza a matar a toda a escoria(Criminais) do mundo polo que levanta un gran revoo.Ante isto, deciden contratar ao mellor detective do mundo, L, cuxo índice de fracaso é 0 e sempre resolve os seus casos.
Durante a primeira parte do anime desenvólvese unha batalla de deduccións entre o protagonista Yagami Ligh e L, para ver quen dod dous é máis listo. Certamente recorda un pouco a cousas como Detective Conan porque algunhas das deduccións que fan son cousas das que só un superdotado se daría conta. Non é unha batalla de puños, pola contra é unha batalla coas súas mentes,sempre esperando o fallo do outro.
PERSONAXES
Light  Yagami: é o protagonista da historia. É un rapaz prototipo de perfección sendo guapo e con boasnotas na escola, polo que os seus pais están moi orgullosos del.Pero o día que atopa a Death Note ábrelle a mente e decide xuzgar a tódolos criminais do mundo baixo o seu puño xa que os gobernos non fan nada. É u npersonaxe tremendamente fío, calculador, aínda que certamente ten os seus rpincipios éticos moi ben definidos e non mata xente ao azar, só mata criminais.
L: Para min o meu personaxe favorito, xa que Ligh non sería nada sen L.Un rapaz do que ao principio non se coñece o seu rostro, pero despois móstrase. Tremendamente intelixente, cunha capacidade de Razoamento ao nivel de Light ou superior e cunha serie de hábitos certamente estraños, coma sentarse en cunclillas enriba de sofás ou outros mobles.A súa estética é certamente emo, aínda que malinterpretada xa que o seu carácter non segue para nada esa clase de estereotipo. O seu carácter é moi reservado, frío , o interesante é que certamente é moi parecido con Light a diferenza principal é que L non o esconde e que cecáis segue moito máis a máxima "o fin xustifica o medios"
Misa: unha usuaria de Death Note que se fai moza de Light. Certamente pode parecer parva aínda que demostra ser lista cando lle convén. É o estereotipo de rubia-pixa-gótica, un cóctel bastante explosivo que por momentos da os seus frutos dando un personaxe moito mellor do que podería parecer .
Ryuuk: o toque sobrenatural da serie. É un personaxe que é un Shinigaim, isto é, un "deus da morte", o propietario orixinal da Death Note que vive no inframundo.Pero sae do Inframundo cando Ligh consegue a Death Note e convértese no seu confidente, aínda que nunca o axuda a menos que consiga algo a cambio.Dálle un toque cómico.
ANIMACIÓN E BSO
Grande nivel de animación, véla en HD é incrible a pesar de que non ten pelexas, ou grandes escenas de acción o cal para min ten moito mérito.Os personaxes son certamente moi ben feitos, Misa é certamente debuxada de xeito que pareza a muller ideal , así como tódalas féminas que paracen na serie.Ademáis, os shinigami está feitos de xeito que teñen un aire lúgubre, morturio que non perde a  esencia do manga.
A BSO está ben. O primeiro opening é máis estilo Rock normal, mentres que o segundo aposta máis por un estilo metaleiro . Os endings son bos aínda que onn son os mellores que vin.
Se falamos das melodías que sonan durante a serie podo dicir que están ben, moi ben por momentos, aínda que cecáis se fagan algo repetitivas.
CONCLUSIÓN
Poñeríaa no meu top 3 de anime favorito que levo visto sen discusión, xa que a calidade do seu argumento é incrible, áinda que teño que recoñecer que na segunda metade floxea bastante,para min debería haber acabado na primeira metade, despois síntese como se fixeran caps porque si.
A duración do anime son 37 caps, eu penso que con 24 sobraba. Aínda así, a historia non se sente demasiado aburrida en exceso pola gran cantidade de capítulos, máis ben unha das súas virtudes e que sempre te deixa coa sensación de querer ver o seguinte capítulo, querendo saber que é o que vai pasar agora.Un anime imprescindible, un deses que tes que ver si ou si.

Nota: 9.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //