Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 8 de outubro de 2010



Os humanos e os robots serán tratados igual neste café...

Eve no Jikan (Time of Eve) é un anime composto de 6 ovas duns 15 minutos de duración cada unha que se emitiu durante 2008-2009. O anime en si está ben, o que pasa é que en seis caps é practicamente impos´´ibel contar toda a historia. polo que cecáis se queda algo inconclusa.

ARGUMENTO
Conta a historia de como dous rapaces dun Instituto xaponés atopan un café onde os humanos e os androides conviven en harmonía.Cómpre dicir que a historia desenvólvese nun futuro teoricamente cercano no que humanos e androides conviven diariamente respeitando as tres leis da robótica de Isaac Asimov.
Nesa época moita xente ten un androide, que son de aspecto incriblemente humanoide e se non fose por unha especie de coroa que levan na cabeza a modo de identificador sería imposíbel distiguilos dos humanos normais.
Como se mostra no anime, os androides non só parecen humanos por fóra, senón que intentan comportarse como tal e son capaces de tomar as súas propias decisións xa que teñen capacidade de razoamento e son capaces de sentir.
Outro punto importante sería que non todo o mundo está dacordo , nesa sociedade ficticia hai xente que di que os androides son só iso, robots, e que néganse a crer que poidan ter comportamentos humanos, alertando do perigo que isto suporía, pilar central sobre o que se sostén o anime.
En seis caps non se pode contar moito, é dicir, apenas da tempo a coñecer a cada un dos personaxes e dar unha conclusión á historia, aínda que se xa un final moi aberto no que nen sequera sabemos que pintan na historia determinados personaxes e sen dar unha resolución ao conflicto que se prantexa.Vale, pero é que tamén hai que ter en conta que é maiormente slice-of-life, é dicir, encádrase dentro do xénero de science-fiction pero sobre todo é un slice of life do personaxe protagonista masculino protagonista.

PERSONAXES:
Sobre todo hai un personaxe principal, que é Rikuo, aínda que paradóxicamente non é que sexa mostrado sempre en pantalla e que nonse lle preste atención aos outros personaxes, máis ou menos todos rematan tendo unha importancia similar, peso na trama vamos.
-Rikuo: protagonista da historia. É un rpaza que vive a maior parte do dtempo só coa súa irmá máis nova e que ten un androide chamado Sammy.A el non lle cadran os rexistros de actividades de Sammy, que minte dicindo a onde vai, o que cabrea a Rikuo ca que a el iso non le gusta nada.
-Masaki: é o mellor amigo de Rikuo aínda que o negue.Ten un aparente desprezo caras os androides aínda que acompaña a Rikuo ao café e disfruta alí.A súa postura é máis radical ca de Rikuo, mostrando odio cara os androides.
-Sammy: ela é a androide de Rikuo polo que sempre fai as tarefas da casa.Cando sae da casa soe parar no Eve no Jikan prque o pasa ben.Sabe tocar unha canción de piano
-Nagi: é a dona do Eve no Jikan, unha rpaza moi guapa e amábel, que sempre atende aos seus clientes co seu mellor sorriso , indenpendentemente de que sexan androides ou humanos.
-O comité de ética: consiste nunha serie de persoas, entre elas o pai de Masaki, que non conciben que os robotos ou androides adopten cada vez capacidades máis humanoides polo que fan centos de comerciais de televisión e intentan facer todo o posíbel para prohibir ou dismininuír na medidad do posíbel a integración de humanos e androides.
Hai máis personaxes que van ao café, pero é interesante descubrir vendo os caps se son humanos ou robots, xa que sen aureola apenas se distinguen algunhas veces.


BSO E ANIMACIÓN
A animación é un dos puntos fortes, fundamentalmente trátase de integrar persoaxes 2d en entornos 3d , creando así un efecto de contraste certamente interesante que o achega a un marco realista.A parte, o debuxo é moi detallado e o deseño de personaxes é impecábel.
Respecto da BSO podo dicir que maiormente componse de pezas de música clásica con instrumentos coma violín ou piano, de gran calidade, que soan durante toda a trama.

CONCLUSIÓN
Como conclusión podo dicir que aínda que poida parecer demasiado curta e o final sexa cecáis demasiado aberto(coma a maioría dos slice of life) creo que é un anime deses que vale a pena ver, dad a profundidade do seu argumento e os dilemas éticos que prantexan ; así como o seu tremendo apartado de animación e a súa BSO de corte clásico.Recomendábel.

Nota 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //