Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 21 de novembro de 2010



Alá polo 1999 comezaba a súa andadura Cing, unha empresa xaponesa de videoxogos dedicada ás aventuras gráficas. En 2005 lanzou o primeiro xogo que tiven para Nintendo DS, Another Code, un xogo que ao meu entender marcou un punto de inflexión e ensinou que a DS non era unha consola para nenos soamente.Posteriormente veu o sublime Hotel Dusk, no 2007, a evolución definitiva do ideal plasmado en Another Code que foi probábelmente o gran éxito da compañía. Sen embargo, a pesar de todos os éxitos, esta historia non tivo un final feliz, xa que Cing declarouse en bancarrota o 1 de Marzo de 2010, cuhas perdas de 2.1 millóns de euros. O seu regalo de despedida é este Last Window, se non o mellor un dos mellores xogos da compañía, que cando o xogues daráste de conta das metáforas que encerra co destino da compañía...


HISTORIA
A historia é unha continuación directa de Hotel Dusk, aínda que os feitos que nela acontecen non teñen relación e só hai pequenos guiños á anterior entrega. Así, temos de novo ao noso protagonista Kyle Hide, un ex-policía de 35 anos en 1980  que traballa de vendedor a domicilio para unha empresa chamada Rex Crown.Isto só é unha tapadeira , xa que o seu negocio real é atopar obxectos perdidos. Así, chega as súas mans un encargo que lle pide atopar un obxecto coñecido coma a Estrela Vermella que se atopa noo bloque de apartamentos onde o mesmo Kyle vive. Como recompensa, prométeselle revelar a verdade sobre o asasinato do seu pai....
Ben, para non spoilear déixoo ahí. É unha historia co estilo dunha novela negras ao igual que a primeira parte, aínda que sí podo dicir que esta é moito máis longa, xa que na primeira parte toda a acción desenrolábase nunha noite e aquí toma varios días.
É tremendamente intrigante e sempre queres averiguar máis datos, xa que chos ofrecen con contagotas tendo que motar ti as pezas do puzzle na túa cabeza . Aínda así, hai momentos en que a historia se volve moi previsíbel e cando decobre, como se soe dicir nas novelas de misterio, que o asasino era o maiordomo non é demasiado rexogábel.
XOGABILIDADE
É unha aventura conversacional, todo se basea nos diálogos que teñen lugar entre o protagonista(ti) e os outros personaxes. Así, tes que ler moito aínda que eu agradézoo porque ten unha historia grazas a isto moi profunda e ben construída.
A parte disto tes que resolver puzzles, algúns bastante sinxelos pero algunhos moi complicados que te farán pensar durante moito tempo.
Un aspecto negativo sería a absoluta linealidade da historia, isto é, para pasar do punto A ao B tes que pasar polo C se non nada, o que pode ocasionar que estés atascado nun punto da historia sen saber que facer xa que nunca se che ocorrería que iso tiña que pasar.
Ten un par de minixogos, un de billar e un coma os das recreativas dos 80 en plan testimonial.
Como conteñido adicional, ten un modo de xogo denominado Novela, onda conta a historia do xogo nunha novela cun epílogo extra a e material bastante interesante para afondar en detalles que non se conta na historia principal.Punto positivo por isto.
GRÁFICOS E MÚSICA
A ver, estamos a falar dunha DS.... Non lle pidas maravillas....Aínda así, iso se cadra é bo porque os diseñadores teñen que agudizar o seu enxeño co propósito de ofrecer gráficos "diferentes" que soporte a consola. Isto ocorre en Hotel Dusk e tamén neste Last Window. Cando nos movemos polo hotel (bloque de apartamentos) dispoñemos dunha vista do que veríamos na realidade na pantalla da esquerda e un plano do edificio no que nos movemos na pantalla dereita. Cando os personaxes conversan móstranse debuxos detallados dos mesmos en blanco e negro o que lle un toque que a min sinceramente me fascina.
A banda sonora é se cadra máis profunda que a do primeiro xogo, música de jazz para unha novela negra, a combinación perfecta.
CONCLUSIÓN
Gran xogo este Last Window, na miña opinión mellor que a primeira parte xa que ten unha historia moito máis longa e profunda e mellora un pouco no aspecto gráfico. A pensa é que crebase CING e as posibilidades de ver unha nova entrega desta saga son practicamente nulas.

{ 2 comentarios... read them below or Comment }

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //