Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 26 de novembro de 2010
Cecáis todo isto só retrasase unha inevitábel guerra.....
Senko no Night raid (閃光のナイトレイド) é o segundo proxecto animado do estudo Anime no Chikara, polo que sorprende bastante a orixinalidade(entre comillas) do mesmo ao apostar por un drama histórico de corte escura, cunha historia de espías polo medio e non recorrer ao típico "mainstream".Así, comezo.
ARGUMENTO
Senko no night raid conta a historia dun grupo de espías chamado Sakurai Kikan que traballan (ao comezo do anime) no ano 1931, coa primeira guerra mundial e a guerra ruso-xaponesa moi presentes nun ambiente de traicións e misterio.Ata aquí xa soa bastante interesante pero o novidoso (e a aportación respecto do feito histórico orixinal) é que os espías teñen superpoderes , tales coma telekinese, ler mentes, ver moi lonxe ou teletransportarse.Non poden usalos cando queiran ou como queiran senón que están suxeitos a unha serie de limitacións no uso dos mesmos.
Isto en conxunto coa estética catastrofista e escura do anime dalle un toque moi Darker than Black, moi similar o concepto ao do contrato naquel anime.
Así, podemos atopar capítulos onde hai momentos de acción ben conseguidos e que cadran na historia coma algún que outro cap slice of life. O plot creo que está moi conseguido, a storyline é totalmente fiel aos sucesos históricos acontecidos naquel tempo, o que é de agradecer.
Respecto do como remata o anime, creo que o final é adecuado, algo aberto se cadra , aínda que cecaís me gustaría ver aos espías na segunda guerra mundial.
No link que poño a continuación podes consultar a historia de Machuku(manchuria), a rexión na que se desenvolve grann parte do anime e no que podes comprobar a fiabilidade do que no mesmo se conta: Machukuo
PERSONAXES
Certamente podemos dividir entre principais e secundarios, aínda que só comentarei os principais xa que hai moi poucos secundarios salientábeis , só cecaís porque foron personaxes históricos que realmente existiron coma Puyi, o último emperador.
-Aoi: é un mozo que estudou en Europa e agora volveu a Asia para entrar na organización de espías.É un home cun carácter algere e cheo de enerxía, polo que parece parvo por veces aínda que en realidade está moi capacitado para o traballo.A súa habilidade é a telekinese e só pode usala durante dous minutos e medio.
-Kazura: é un home ex-soldado que se mete na organización polo seu temendo respeito ao seu país , así como a súa grande lealtade ao exército.Ten unhas fortes conviccións, é moi serio, só usa o seu poder cando a situación é inebitábel xa que xonsidera que doutro xeito sería inxusto para os seus adversarios.
-Yukina: a muller do grupo, unha rapaza nova , delicada, refinada, nótase que é dunha boa familia. Considérana un pouco a parte máis débil do grupo aínda que demostra ser moi enteira. É unha psíquica, isto é, pode ler a mente, ten telepatía e pode afondar nos recordos da xente.
-Natsume:é o maiordomo persoal de Yukina , aínda que na intimidade trátanse sen ese protocolo.É un home moi honesto , no que facilmente se confiaría.A súa habilidade é a visión a longa distancia, aínda que non pode usar a súa habilidade tódolos días.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é moi boa , currada, se ves o anime en HD e dos que merece a pena velo así. Certo é que non hai demasiada acción dado que maiormente a acción consiste en diálogo entre os diferentes personaxes pero cando a hai está moi ben conseguida, especial atención ao efecto dos superpoderes. Ademáis, hai un gran esforzo por facer unha ambientación histórica crible, tanto nos edificios, coches e outros elementos do entorno coma pola propia vestimenta e actuacións d@s personaxes.
Respecto da BSO cómpre salientar nesa liña realista que cando os mandatarios falan entre si falan en inglés, ou que cando os espías van a China falan en chino, o que quero dicir con isto é que houbo esforzo en facelo así para dar realismo.
Resepcto da BSO debo dicir que se compón de temas bastante rítmicos co violín como instrumento base , aínda que o OP é bo o ending non me conveceu demasiado .
CONCLUSIÓN
Esta é unha proposta dedicada ao pequeno público, un drama histórico de espionaxe con superpoderes cun toque moi DTB .Merece a pena botarlle un ollo.
Nota: 8
- Back to Home »
- Anime , Nota entre 8 e 9 , Senko no night raid , shonen »
- CriTiCa ANiMe: Senko no night raid