Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 17 de decembro de 2010


Isto emitiuse durante a temporada de verán de 2010, emitíndose o último episodio o 27 de setembro , facendo un total de 13 capítulos. É o terceiro proxecto do estudo de animación Anime no Chikara, autor de Sora no Wo to (non a vin xa que me pareceu demasiado moe) e Senko no night Raid, comentado previamente neste blog. Este estudo de animación fundouse co obxectivo de dar a ver que era posíbel facer anime se ser demasiado mainstream e sobre todo de forma orixinal sen estar inspirado en manga ou en novelas lixeiras.Nótase que cada un dos seus produtos intenta ser orixinal a máis non poder .




ARGUMENTO
Occult Accademy é unha historia na que se mostra un futuro apocalíptico ao comezo, coa Terra controlada por alieníxenas invasores. Así, o último reduto de xente libre do futuro pon en marcha unha misión para evitar que a invasión dos extraterrestres suceda e manda xente ao pasado. Todos morren pronto, polo que remata tocándolle o turno a Fumiaki Bunmei, un rapaz que era telequinético pero perdeu os seus poderes aínda que os directores do proxecto non o saben. Así, chega á academia do ocultismo na que  ten como misión destruir un obxecto que non se sabe o que é chamado a chave de Nostradamus, que se supón que provacará a invasión extraterrestre.
Así, comezan as aventuras de Bunmei xunto coa actual directora, unha rapaza chamada Maya, na búsqueda da chave e de paso na resolución de misterios sobrenaturais.
 Máis ou menos iso é parte do que pasa no primeiro cap. Os primeiros caps son interesantes pero a partir do terceiro ou cuarto vólvese tremendamente aburrido, tendo que facer un esforzo para ver os capítulos, pero afortunadamente ten uns tres últimos capítulos brilantes e un final que non te deixa indiferente dado o WTF!? do mesmo.
Ten os seus momentos de acción, xa que hai gran cantidade de monstros que andan polas proximidades da academia facendoa por momentos recordar aos cazafantasmas ou a Metal slug 3 , cunha mecánica de "matar a hordas de monstros pequenos e logo derrotar ao xefe xigante".
Por outra bandam ten os seus capítulos dramáticos que a min non me pareceron bos, xa que intenta profundizar na psicoloxía d@s personaxes pero considero que lle sae rá.
Por último, comentar que ten o seu punto cómico por momentos, especialmente durante as intereaccións Maya-Bunmei, que son bastante graciosas.


PERSONAXES
-Maya: é a filla do director da academia. Ven á academia no primeiro cap pola repentina morte do seu pai e convértese en directora-estudante do centro(En serio, é iso posíbel? xDDD) .É unha personaxe estereotipo de tsundere, sempre anda cabreada pero no fondo impórtanlle os demáis e aínda máis no fondo e unha gran fan do ocultismo, cun gran coñecemento de todo o relacionado co mesmo.
-Bunnmei: axente especial e última esperanza dos habitantes do futuro para salvalos que é enviado ao pasado . Traballa de profesor como tapadeira pero en realidade está na academia para destruir a chave de Nostradamus. Perdeu a súa habilidade polo que a súa habilidade de combate é nula e ademáis é moi torpe aínda que no fondo é moi apreciado por todos.


-Mikaze : é un adolescente moi guapa e de boas "medidas" que rexeita un restaurante nun cidade cercana á academia. Intenta namorar a Bunmei da mellor maneira que pode , xa que posteriormente descubrirase un gran secreto sobre ela.
-Chihiro: é a subdirectora da academia , unha muller adulta de carácter forte e serio á que todos respeitan, aínda que no fondo é unha romántica xa que ten un libreto de poemas e está namorada de Bunmei. Nos capítulos finais desvélase a verdade sobre ela.
-Ami: é unha estudante da academia obsesionada co oculto.É amiga de Maya e sempre remata perdéndose o interesante porque sempre remata secuestrada,desmaida ou cousas similares.
-Kozue: amiga de Maia na academia pola que simndo un fondo aprecio xa que son amigas desde moi pequenas.
-JK: Un rapaz con sobrepeso e un look gótico que ten unha especie de varas que lle permiten saber onde se atopan espíritos.
-Smile: estudante da escola que traballa de mecánico e que porta como arma unha chave inglesa xigante(en serio, ese detalle molou ).
Hai máis, pero penso que estes son os máis importantes.

ANIMACIÓN E BSO
Respeito da animación podo dicir que está ben, ten os seus picos sobre todo cando se mostran pelexas contra hordas de monstros e sobre todo na mega-pelexa  final. Os personaxes están moi ben detallados e as maxias e monstros son moi realistas, dentro do que un se pode imaxinar de como serían.
A BSO está .... ben. É dicir, cumpre pero non é un prior. As melodías que soan durante a serie son normalciñas e a min persoalmente non me gustou demasiado nin o OP nin o ED, aínda que debo recoñecer que polo menos o OP ten ritmo e un estilo diferente que o pode facer atractivo.
O anime usa un longo historial de criaturas tales coma chupacabras, magos, espíritos e demáis para crear unha ambientación o máis realista posíbel, que creo que vai bastante co carácter do mesmo.
 


CONCLUSIÓN 
Este anime comeza moi ben, floxea moito no medio e ten un final que o salva bastante, o mellor do anime con diferenza son os últimos tres capítulos. É unha historia diferente que pode ser interesante ver.




Nota: 7




Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //