Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 21 de xullo de 2011


Esta película saíu xa fai algún tempo pero debido ao tema de que ten que estar en DVD ou Bluray para subtitulala non a puiden ver. Así, visioneina con subítulos en inglés a última semana de Abril de 2011, aínda que os fansub en castelán non tardaron moito en sacala subtitulada .
Bueno, dado que é unha peli non pode seguir a historia principal do anime ou do manga e tense que basar en tramas novas que na maioría dos casos rematan sendo bastante malas en relación ao mostrado no anime ou manga e realmente non aportan demasiado. Sen embargo , esta película pareceume algo a ver porque saía Minato, o 4º Hokage. E se sae Minato , non pode ser mala, non?  Agora o argumento con spoilers:


Así, esta película ubícase no universo de Naruro, non se sabe exactamente cando temporalmente pero como mínimo despois da saga de Hizan de Akatsuki. 
Naruto, Sakura, Sai e Yamato teñen como misión perseguir a un marionetista(como Kankuro da vila da area) e evitar qeu active certo selo que se supón que liberará un gran poder. Así, conseguen chegar onda el xusto cando vai activar o selo, provocando certa explosión de luz blanca que atrapa a Naruto e a Yamato .
Naruto desperta pouco tempo despois e atópase nun lugar descoñecido. Ve a un rapaza que escapa del deixándoo bastante extrañado xa que o lugar no que estaba supoñíase que era un deserto e que había moito tempo que non vivía ninguén alí. Así, Naruto escapa da especia de cripta na que estaba e sae a fóra. Contempla grandes torres que o deixan alucinado e non se cre que sexa o mesmo lugar de fai uns momentos.  Este lugar "misterioso" resulta ser o mesmo lugar no que estaba, pero moito tempo atrás: Naruto e Yamato viaxaron atrás no tempo!
Pouco despois, aparecen tres ninjas de Konoha que resultan ser Minato , o pai de Shino e pai de Koji, que teñen como misión protexer á princesa dese País.
Naruo salva á princesa dunha morte segura cando a ve caír desde o seu balcón e dase conta de que é a rapaza que veu na cripta. Demóstralle a esta princesa que o seu pobo non a aclama e que en realidade son marionetas as que fan iso. 
Naruto e a princesa deciden salvar a súa aldea  polo que investigan e descobren que tódolos homes da aldea fóron secuestrados e recluidos debaixo da terra para traballar. Conseguen chegar a ese lugar para descubrir que o artífice de todo isto non é máis que o mesmo titiriteiro do principio do filme que quería activar o selo, que matou á nai da princesa e tiña a esta enganada. Naruto comeza a pelexar con titiriteiro, que acaba converténdose nunha marioneta xigante . Minato e os outros dous ninjas de Konoha chegan para axudar a Naruto pero a batalla non parece moi favorábel para os nosos heroes. 
Naruto e a princesa conseguen chegar ao lugar onde estaba o selo para conseguir liberalo e así quitarlle poder á marioneta evacuando a tódolos habitantes que atoparon polo camiño, así como os traballadores presos. 
Naruto e Minato forman un rasengan cos rasengan de ambos chamado "super rasengan"(ou algo así xDDD) conseguindo derrotar á marioneta xigante e salvando a vila.
Logo disto xa ven o final, que me pareceu bastante malo aínda que compresíbel: isto é , Naruto, Minato, Yamato, Kakashi(que me esquecera del arriba, pero aparece de vez en cando aínda que sen un rol relevante) e todos os demáis bórranse a memoria e Naruto e Yamato volven ao tempo presente, para atoparse cunha descente da princesa que ten na man a mesma espada de chakra que Naruto lle dera á princesa tanto tempo atrás.
Eu preferiría algún tipo de interacción moito máis profunda entre Naruto e Minato xa que apenas se ven pero bueno, non estivo mal.






Como filme de anime está bastante ben e se falamos dentro do ámbito das películas de Naruto creo que é unha das mellores, con doses de acción moi interesantes áinda que sen demasiados momentos de interacción entre certos personaxes que seguramente lle gustarían aos fans( eu entre eles). Notábel.

Nota: 7

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //