Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 23 de marzo de 2010

Ben hora de facer a crítica do arco1 de To aru kagaku no Railgun(A certain cientific railgun, ao que queira entender que entenda).Cando digo arco refírome, por dicilo así, á primeira gran historia, das dúas que se compón este anime, durando así ata o capítulo 12. Pero antes, vou facer unha pequena introducción do universo Railgun para poñernos en materia e un repaso do anime en xeral:
Ben, a historia desenvólvese en Cidade académica, unha cidade onde o 85% dos habitantes son estudantse e hai un gran número de escolas de primaria e secundaria na mesma.Os estudantes son na súa maioría espers, isto é, xente con habilidades paranormais.Clasíficanse nunha escola de0 a 5, sendo 0 o grao máis baixo(sen habilidades) e 5 o máis alto. A protagonista da historia é Misaka Mikoto , unha estudante da escola media que é unha nivel 5, sendo a súa habilidade a de controlar os raios e cousas derivadas disto, coma controlar tecnoloxía ou metais simulando un electroimán.Chámanlle o as de Tokiwadai , pero en realidade é bastante insegura e ten un forte sentido da xustiza. Seguindo na liña está Kuroko, outra estudante que chama Onee-sama a Misaka, ambas protagonizan un sinfín de clichés lésbicos que non veñen ao caso pero bueno, aumenta a audiencia supoño. A súa habilidade é a de teletransportarse, ela ou obxectos.
Outros personaxes , aínda que non tan importantes, son unha rapaza que pode controlar as flores, que é moi débil e unha rapaza sen poderes.
Outro aspecto importante a salientar é que das tarefas coma limpar a rúa, patrullar, etc, se encargan robots, xa que o nivel de tecnoloxía da cidade está moi avanzado , moito máis que calquera outra parte do mundo.
Para axudarlle aos robots no que poderíamos considerar a labor da policía podemos distinguir dous corpos ben diferenciados: por unha banda, os anti-skills, soldados experimentados que a base de armas defenden a cidade e logo está o Judgement, unha organización moito menos militarizada na que axudan aos cidadáns e tamén protexen a cidade. Kuroko e a rapaza das flores son membros desta organización.
Ben, estando definido un pouco o universo Railgun, que hai que dicilo, provén de To aru Majutsu no Index, polo que na crítica da mesma incidirei sobre o anterior, analicemos o primeiro arco.
ATENCIÓN SPOILERS ---ARGUMENTO ARCO1---------NON LEAS SE NON QUERES SABER -
Ben este arco basea a súa trama principal no level upper. Que ben sendo iso?Pois é un "algo" que fai que suba o nivel da xente, é dicir, que xente sen poderes os consiga ou que xente que os teña se faga máis forte.
A medidad que avanza o arco descóbrese que non é máis que unha pista de música en mp3 que actúa sobre o cerebro. Dito así parece todo moi bo, pero o malo é que os usuarios do level upper ao cabo de algún tempo quedan inconscientes.
O level upper foi creado por unha doutora, para así poder facer unha especie de rede cos cerebros dos usuarios que emulase a potencia dun superordenador. Este superordenador é o Tree diagrama, que llo denegan. Descúbrese que necesita isto porque debido a un experimento fallido fai anos feriu a uns nenos, e só co Tree Diagram podería descubrir o que pasou realmente e axudarlles. Pero denegáronlle o Tree Diagrama por iso fixo o que fixo.Ademáis, o tree diagram dalle un inmenso poder en habilidades, sendo case invencible.
En capítulos seguintes, da raiva e desesperación da xente nace unha especie de "ente" con forma de bebé que  se dirixe cara unha instalación de alta seguridade que se toca estoupa. Así, despois dunha longa batalla Misaka vénceo e acaba así o arco.
FIN_SPOILERS--------------------------------------------------------------------------------------------
Ben, este arco non foi malo de todo, aínda que botei en falta un tono máis serio de acción, non serializan o suficiente facendo parecer succesos críticos cousas importantes pero non a que realmente teríam. Estivo ben, pero sinceramente penso que por comparar, o primeiro arco de Index é amplamente mellor.
Con todo, Railgun ten unha frescura que non ten Index, un "non sei como se resolverá isto" que Index non tiña, polo que ccertamente pode ser que Railgun guste máis. Ambas son completamente complementarias.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //