Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 30 de marzo de 2010


Ben, hoxe rematei de ver os tres últimos capítulos que me faltaban por ver de To aru majutsu no index así que paso a dar a miña opinión ao respecto.
Xa falei nesta miña bitácora de anime de To aru kagaku no railgun, un spin-off de Index, ao meu entender, pola contra que a maioría do que se le en internet,  superada por Index. Sen máis preámbulos, de que vai? Pois a historia desenvólvese na mesma cidade Académica de Railgun, aínda que nesta en alguns arcos cámbiase de escenario. O protagonista principal da historia é Touma, un esper que ten a habilidade do Imagine Breaker, isto é, coa súa man dereita pode desfacer calquera maxia, feitizo ou habilidade sobrenatural que toque. Poida pensarse que é moi poderoso máis só e considerado un nivel 0 dos 5 que hai na academia. Un día unha moza vestida coma unha monxa cae ao seu balcón(si, literalmente) e preséntase coma Index, unha integrante da igrexa católica inglesa que ten na súa mente 103000 libros de encantamentos e que está escapando da súa organización (daquí o título da serie( A certain magic index)). Durante o primeiro arco descubrimos quen é Index e preséntansenos outros personaxes. Tamén se afonda na discusión existe a maxia?, tal se fose unha discusion fe contra razon do renacemento, neste caos é maxia contra ciencia, xa que Touma é un escéptico cara a temas deste estilo, ainda que acaba aceptando a existencia da maxia. A historia do primeiro arco dura uns 4-5 caps , compre sinalar que a seire divídese nuns arcos moi ben definidos e non hai recheo, algo que se agradece e dalle moio maior dinamismo.Neste arco, como dixen é a presentación dos personaxes, se en algo para min é mellor que Railgun é na súa seriedade, afronta os sucesos e conflictos con maior enteireza, dale a aimportancia que emerecen e crea unha atmósfera e uns personaxes cribles que fan o que fan porque teñen unha razón que os impulsa a facelo. Ademais non son personaxes cunha vontade de ferro, pode cambiar de parecer e no anime dótaseos de certa ambiguidade.
Dentro do ámbito dos personaxes podemos distinguir os seguntes:
-Principais podemos distinguir dous: Touma e Index. Touma é un rapaz da escoal secundaria que ten o Imagine Breaker. Sempre ten mala sorte debido ao memso pero ten un forte sentido da xustiza, recáese moitoas vees en que axuda á xente sen que llo pidan.  A súa frase favorita é que desgraza!  É un personaxe que perde a memoria ao rematar o prmieiro arco e evoluciona a unha personalidade algo diferente á que tiña antes aínda que co mesmo fondo. Logo está Index, unha integrante da igrexa católica inglesa que ten 103000 libros de encantamentos na súa cabeza.Debido a isto, cada ano deben borrarlle a súa memoria paraque poida vivir. Descúbrese que isto é falso, coma a incapacidad de Index para usar maxia, feitos que o Vaticano lle fixo crer para evitar a súa rebelión.
-Secundarios hai unha grande contidade deles:  magos de Neccessariaus, a igrexa de Index podemos citar  Styl e a Kanzaki. Styl ten un código de barras tatuado na meixela i é un mago que usa o elemento lume. Pode invocar un espírito moi poderoso chamado Innocentius e sempre anda cun pito na boca. Kanzaki é unha amga especialista en vento, e ten unha katana que lle permite controlalo. É a lider dunha subdivisón da igrexa en Xapón, que abraza varios tipos de relixións coma o budismo, catolicismo e outras relixións xaponesas.Posteriormente aparece Tsuchimikado, un esper amigo de Touma que , como tódolos esper, cada vez que usa maxia queda ferido e a punto de morrer. A súa habilidade de Esper é a de rexeneración física.
De cidade académica, os dous con maior importancia cecáis sexan Misaka Mikoto e o Accelerator. Misaka Mikoto é a mesma que vemos en Railgun e o Accelerator é o level 5 máis poderoso ed Cidade Académica. A súa habilidade é francamente novedosa, controla o vector das forzas, facéndoo intocable, cun poder que todos temen. Pode parecer un asasino, como o demostra na saga das Sisters, pero logo redímese salvando a unha delas. As sister son clons de Misaa que son asasinadas polo Accelerator para que este acade o nivel 6, aínda que este non está dacordo con esta práctica mata a unhas 100000.
Logo tamén podemos citar  a Kazakiri, unha esper que non é humana, porque está composta de UMI, unha especie de enerxía interior que emiten algúns esper sen darse conta e Himegami, unha esper que ten a habilidade de matar vampiros.
Aparte destes, hai outros secundarios coma a profesora de Touma(ceramente, un personaxe atípico polo seu tamaño), os anti-skills, a familia de Touma e varios viláns que aparecen en algúns capítulos.

Con respecto á animación aquí atopámonos cun ton escuro, intentando crear unha atmósfera de tensión constante. As maxias son espectaculares e altérnanse con scenas de diáloog que afondan na historia, o quese  agradece xa que hai algúns animes que pecan de querere ser espectaculares pero logo non teñen historia. Hai escenas realmente cruentas como cando lle cortan un brazo a Touma e sale o sangue a borbotóns, ou menos, coma cando Kanzaki lle pega a Touma.

Respecto do apartado sonoro gustoume bastante, sobre todo o opening, aínda que o ending non es´t amal. As melodías que acompañan o resto da serie non están mal, pero certamente penso qe poderían chegar a niveles de calidade moito máis elevados, outrs series peores teñen mellor banda sonora .
Respecto da duración, creo que os vintecatro capítulos son suficientes, xa que decae un pouco a partir do terceiro arco. Queda con final aberto así que espero que o resolvan.

Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //