Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 5 de abril de 2010

Ben, despois de case un ano(eu fai apenas un mes que rematei o anime pero esta película xa se estreNou en xapón a finais de 2009) , sae por fin en DVD esta primeira película de Higashi no Eden. Vina subtitulada en inglés porque subtitulada ao Español non a atopei. Vai haber outra segunda película,certamente esta deixa o final aberto, pon as cartas sobre a mesa para que se resolva todo na última película. Por se lle interesa a alguén, descargueina de  http://www.animetake.com/eden-of-the-east-the-movie-i-king-of-eden/, con subtitulos en inglés. Ben, así, sen máis dilación, contemos un pouco o argumento desta película que certamente me gustou e mellora nalgúns aspectos ao mesmo anime  orixinal. Aquí un pequeno resumen da mesma que despois de lelo aínda fai necesario vela porque crin necesario non poñer tódolos detalles, xa que senón sería demasiado extenso e así pódese ler para facerse unha idea xeneral do que é sen profundizar e poder vela despois sen saber os detalles. SPOILERS-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Ben ,  a historia comezA con Saki indo nun taxi cara NY. Ten no su bolso o teléfono Noblesse e vai buscar a Takkizawa. Cando baixa do taxi, descobre que a súa maleta foi cambiada por unha con armas e comezan a perseguila , aínda que consegue escapar. Cóntase mediante un flashback como chegou  a esta situación. Finalmente atopa a Takizawa pero este volveuse borrar a memoria , polo que non a recorda. Logo de poñelo ao día, descóbres que Takizawa ten a identidade dun fillo ilexítimo do primeiro ministro, e que podería substituir ao mesmo .
Eden neste filme deixa ser tan só unha pequena empresa para medrar e xa ter unha oficina propia fóra da facultade, con bastantes empregados.
Descóbrense varios detalles interesantes neste filme, coma que Juiz non é máis que un superodenador que viaxa dentro dun camión. Cada Seleçao ten un, e o plan de numero 1 é destruir eses camións para gañar o xogo. A seleçao nº 5, a cazadora de Jonies, axuda a Takizawa e a Saki en numerosas ocasións durante o filme, o seu xesto final é o de colocar o seu camión con Juiz no lugar de Taizawa, quedando así fóra de xogo.
Este filme remata con Taizawa e Sai montando nun Jet privado de volta a Xapón. --FIN_SPOILERS---------
A animación é moi boa, sen dúbida é a mesma que a do anime pero debe ser que aquí ao ser unha producción máis elaborada contaron con máis recursos e a definición da mesma sube por momentos, salientábeis dentro disto son os momentos cando se ven coches en tres dimensións, para dotar de profundidade á escena.
A música é moi boa, o opening e ending son diferentes a os do anime pero son certamente bos.Relacionado con isto, si notei diferenza en que aquí , ao meu entender, púxose máis coidado na banda sonora que soa nalgúns momentos da película. Cómpre salientar o de nalgúns momentos porque cando hai diálogos non soa a música e óese o ruido que se escoitaría se se vise esa esecena da realidade, o que lle da un toque de realismo  moi bo, axuda a dicir que este anime é unha historia inspirada na realidade aínda que sexa ficción.
Resolve algunhas preguntas importantes, aínda que deixa moitas sen contestar, sen dúbida, Paradise Lost rematará a trama, xa que esta King of Eden só deixa as cartas sobre a mesa, certamente, é a antesala do final deste anime.

Nota: 6.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //