Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 5 de abril de 2010

Ben, acabo de rematar a segunda metade do anime e debo dicir que dalgunha maneira completou a trama e mellorou a miña opinión sobre o mesmo . Máis que nada porque se rematou a trama do primeiro arco, a dos nenos que estaban en coma, e porque se afondou nalgún spersonaxes secundarios creando así un universo moito maior. Certamente, o título da serie podería ser cidade académica, porque , en resumo, tódolos sucesos alí ocorren , é coma se o importante fose a cidade en si pero non os personaxes.
Sen maior dilación, vamos analizar os arcos dende o 2º ata o final, xa que o argumento é  omesmo, a historia continua despois do sucesos do level upper.
No arco 2, indágase na historia de Konori-sensei. Esta é un membro do antiskill de idade maior que Shirai ou Misaka , pero non é vella, aínda é nova , terá entre 25-30 anos , aproximadamente. A súa habilidade é a de ver a través dos obxectos, gualiña que a visión de raios X que tiña Superman, así é unha nivel 3. A historia deste arco----SPOILERS COMEZAN---------comeza cando un grupo de persoas, pertencentes a unha banda chamada Big Spider, tratan de cazar a Konguo Mitsuoko, unha estudante de Tokiwadai.Ela é unha nivel 4, pode controlar o aire , pero non lle serve de nada xa que cun son poden facer que se debilite. Parece estar perdida pero un individuo misterioso cun tatuaxe na espalda aparece e sálvaa. (Certamente introducir personaxes sen poderes pero que poden loiar e ser heroes paréceme un gran acerto). É un coñecido de Konori-sempai, xa que ela cando era nova pertence ua Big Spider. Por aquel entonces a banda era un grupo de xente que se divertía, pero na actualidade dedícanse a cazar xente con habilidades porque o seu lider(o home que salvou a Konguo ) é suplantado por un colega seu. Á fin resólvese dun xeito bastante presível, xa que o susodito salvador, de nome Kurozuma, pelea contra todos os malos xunto on Konori e desmantelan Big Spider. paradóxicamente, a pesar de ser um heroe, Konori-sempai ten que detelo. Neste arco afóndase on carácter e a personalidade de Konori-sempai, o que fai que aumente a mitoloxía do anime.
Para afondar en secundarios, temos dous capútlos máis, un no que se afonda en Tessou, e outro no que se afonda na directora da residencia de estudantes onde Misaka e Shirai viven.
Tessou é unha integrante dos Antiskill, nno é a xefa, é a súa subordinada e tamén traballa de profesora. Así, tódolos días lle resultan aburidos, todo é o mesmo de sempre. Recoméndanlle buscar algo que lle gusta, e acaba xogando a un vello videoxogo de recreativas . Alí coñece a un estudante, moito máis novo ca ela, con que xoga. A historia remata co estudante estudando para ser creador de videoxogos e Tessou contenta.
No arco da directora da residencia de setudantes, descúbrese que non é tan arisca como parece, senón que ten un lado tenr, xa que axuda nun orfanato de child errors(nenos orfos, sen pais) Está namorada dun home que é profesor que tamén traballa alí, pero este non a corresponde, aínda que ao fainl acéptao.
Hai uns cantos episodios de recheo , que certamente aportan máis ben pouco. Os dous anteiores son recheo, si , pero ben feito, hai outros nos que a calidade baixa notábelmente.
Logo disto, nos últimos cato capítulos desenvólvese o último arco, no que se trata o problema dos nenos en coma. Estes nenos producen inconscientemente poltergeist, provocan terromotos. Así, a doutora que quedara presa é posta baixo fianza e neste arco quere salvar aos nenos e xa non é malvada. Telestina, a malvana deste arco, secuestra aos nenos e lgo Misaka e compañía teñen que ir a por eles. Conségueno e así acaba o arco. Foi un bo arco, o tema de peleas mecha molou bastante, aumentou o tono seio da serie, algo qu eu botaba en falta.Tamén estivo ben iso de que ao final SatEn -san fose unha heroina.
----FIN SPOILERS-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Ao meu entender, o anime mellorou e dirixiuse a un ton máis serio, ben por el. Sen embargo, o final non me convenceu para nada, e gustaríame que en próximas temporadas, se as hai, rematen Index, xa que este só foi un spin-off  desde outro punto de vista de Index, porque iso de deixar final aberto non mola nada.

Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //