Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 13 de outubro de 2011

Boas! Aquí vou falar de dúas OVAs que vin recentemente: a OVA que conta a historia de Street FIghter IV e o episodio 25 de Durarara(podemos chamarlle OVA XD)


Comecemos con Street Fighter the ties that bind(Street fighter, a corda/fío que nos cega)
Esta OVA suponse que conta un pouco a historia que se desenrola no videoxogo de Street FIghter IV, retratando aos protagonistas da saga nunha batalla contra o malvado Seth, líder dun organización supersecreta chamada S.I.N , que se supón que provén da caída organización de Shadaloo, que era liderada por M.Bison.
Así, case mola máis o trailer da OVA que a OVA en si XD , xa que realmente non me acabou de convencer.
A historia vai de que Ryu comeza a ter problemas para controlar o seu mal interior polo que unha organización chamada S.I.N. decide usar ese poder para o seu beneficio, polo que decide enviar a unha muller chamada C. Viper para perseguir a Ryu. Así, C Viper visita primeiro a Ken para saber se el coñece o paradeiro de Ryu pero Ken descoñece onde está Ryu .
Así, C Viper dedícase a espiar á muller de Ken, Eliza, para ver se consegue información mentres Eliza , Chun -li e Guile falan, algo que consegue.
Logo disto C Viper consegue atopar a Ryu polo que comezan a pelexar. C Viper ten un traxe sintético que a fai moi poderosa pero aínda así non é rival para Ryu , que case mata aos seus amigos , pero é detido por Sakura.
Cammy, outra personaxe moi típica da saga, fai aparición na película colaborando con Guile e Chun-Li na investigación.
Realmente non pasa moito máis, basicamente van a un barco onde Seth está e Ryu kicks his ass XD. 
Non me acabou de convencer a OVA porque realmente céntrase en cousas demasiado filosóficas como porque loitan os protagonistas e deixa un pouco de lado o punto forte da saga: LOITAR . A ver, é que un anime do videoxogo de loita terá peleas , non? Sí, ten, pero non son o espectaculares que eu me esperaba.
Realmente non merece a pena ver esta OVA a menos que sexas moi fan de Street Fighter para saber un pouco da historia.Agora capturas:
Epic boobs! XD

MUAJAJAJAJA! XD
Non recordaba que Chun-Li fose tan guapa e que Guile tivese esa cara de....algo....XD
AKUMA
Seth
Street2.png
Debo estar perdido para interpretar esta imaxe cun sendo sexual .....XD




Ben , falemos agora do episodio 25 de Durarara, que realmente non ten unha continuidade directa co episodio 24 , aínda que os feitos seguen a súa liña cronolóxica.
Durarara sempre mola e esta OVA gustoume especialmente :) Coma na maioría das historias que ocorren no universo Durarara , un feito desencadea outros ata que os personaxes que se atopan separados acaban coincidindo no mesmo lugar. Así, a "chispa" que desata todo iso é un programa de televisión no que saen á rúa para entrevistar a parellas. Así, entrevistan a Mikado e Anri pensando que son unha parella o que resulta nunha situación bastante ankward pero ao mesmo tempo graciosa. Mola o de que só os personaxes principais sexan debuxados detalladamente e a cor, isto é , só Mikado e Anri sonn debuxados dun modo bo mentres que a multitude que contempla a entrevista é esbozada , algo que axuda a centrar a acción.
Como en todo bo capítulo de Durarara, aparecen Celty, Izaya e sobre todo o fucking master Shizuo. Así, coñecemos ás irmás de Izaya! Extrañamente, son guapas pero ao pouco vese que sae ao seu irmán maior XD
Si, as irmás de Izaya son lesbianas e tal XD

Tamén coñecemos ao irmán de Shizuo, unha persoa da que están platonicamente namoradas as irmás de Izaya .
Claramente, Izaya decide liar un pouco as cousas e dille a un pobre panoco que o irmán de Shizuo é a causa dos seus problemas e o irmán de Shizuo é atacado pero Shizuo arregla a situación dun "farolazo"XD
O irmán de Shizuo está entre Anri e Mikado


Logo disto ben unha super mega pelexa que mostra a "awesomidade" de Shizuo e Izaya, xa que Izaya fai uso do seu repertorio de movementos para esquivar tódolos ataques de forza bruta de Shizuo. Epic!

En resumo, unha gran OVA, ao estilo Durararara!! . Agora as capturas:


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //