Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 30 de decembro de 2009

Acabou a primeira temporada de Sora no Otoshimono, así que toca facer balance. Teño que dicir que foi un anime que me sorprendeu e non pensei que acadaría o nivel de calidade que acadou nos capítulos finais. A historia pode parecer simple, máis non é así para nada: trátase dun rapaz, Tomo, que coñece a un "angeloid" que cae do ceo, Ikaros, que lle di que está na terra para satisfacer tódolos seus desexos. Isto enche a Tomo de ledicia. Poderíase pensar que a serie transcorre sobre isto pero a realidade é outra: o angeloid, chamado Ikaros, é en realidade un arma de destrución masiva coñecida como a reina de Urano, polo que podería destruír a Terra se quixese. Así, anque ao comezo da serie se abusa do fanservice, con argumentos bastante absurdos coma a migración dos pantis de tódalas rapazas da escola de Tomo, logo evoluciona e céntrase máis en quen é Ikaros, cómo chegou a Terra, que són os angeloid , que é o novo mundo, e preguntas do estilo. A serie non só se centra nesas dúas figuras, tamén están Sohara, amiga da infancia de Tomo, quen ten un golpe de kárate mortal, o Sempai da escola, que abre tódolos capítulos da serie facendo algúnha mención histórica a época na que se descubriu o novo mundo( isto débese a que coa chegada de Ikaros, o sempai pensa que ela ven dun novo mundo e quere averiguar onde se atopa), Mikako, a filla dunha familia de mafiosos xaponeses e presidenta do consello estudiantil e Nimph, outro angeloid. Así, a serie transcorre entre situacións absurdas e outras serias, mostrando os sentimentos de Nimph e Alpha , quen realmente queren a Tomo. Este quere que se comporten dun xeito máis humán, cousa que moitas veces non fan, o que provoca bastantes situacións cómicas.

Por outra banda, a animación está moi coidada, os detalles están moi ben debuxados, mellor ca no manga incluso, búscase facer dos angeloid mulleres fermosas utópicas, segundo a miña opinión. Sen embargo, na serie podemos distinguir dous tipos de animación: a normal( a anterior) e a cómica, na cal o personaxe en cuestión se debuxa nun tamaño reducido, cos rasgos apenas marcados e cun ton de voz diferente, o que a min polo menos me resulta bastante gracioso. Os personaxes a verdade é que hai dous bandos diferenciados, os que lle dedican máis protagonismo e os que menos, sendo os que máis os mencionados anteriormente e os que menos unha longa lista de personaxes secundarios.
O argumento é para min o mellor do anime, xa que unha combinación moi boa de situacións absurdas, batallas e momentos serios, facendo pasar a esta serie dun simple entretemento ecchi a unha boa serie. Certo é que as batallas son moi poucas, pero están moi ben animadas. Ademáis, o tema dos angeloids, Synapse e os maestros paréceme bastante interesante. Dentro do argumento, tamén se prantea unha situación de amor non correspondido por parte de Ikaros e Nimph cara Tomo, e unha relación de amor-odio entre este e Sohara.
A banda sonora é boa, pero non é boísima, creo que podería ter mellorado bastante, aínda que algúns temas épicos son realmente bos.
Agora vou contar un pouco polo miúdo a historia, así que se non queres ler o que ven agora e pasar á conclusión estás no teu dereito.
A historia comeza, como xa dixen , cando Ikaros chega. Convértese co paso dos capítulos, xunto con Nimph, quen chega despois para traer de volta a Ikaros, en amigas de tódolos membros do grupo e comezan a ter un comportamento máis humano. Nimph tiña algo de ventaxa, xa que Ikaros tiña unha protección sobre as súas emocións, cando Nimph a Hackea, Ikaros é libre de chorar por primeira vez desde que veu á terra. Así van pasando os capítulos ata que chega o feito culminante, a chegada de dous angeloids Ganma para levar de volta a Ikaros. Enganan a Nimph e arríncanlle as ás, pero Ikaros aparece e derrótaas. Neste momento Ikaros descúbrelle a Tomo que ela é un arma, pero a Tomo non lle importa. Tamén conseguen cortar a cadea de Nimph(Ikaros tamén ten unha) , cortando así o seu vínculo co seu malvado maestro.
CONCLUSIÓN: é unha serie que me sorprendeu, nunca pensei que puidese ter un argumento tan profundo e que das tres series que vin esta temporada de outono é a mellor. Doulle un 8 a esta primeira temporada.

Nota: 8

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //