Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 9 de maio de 2010



Darker than black é sen dúbida un dos animes máis populares que existen, xunto con death note. A súa trama atrae a un público adulto xa que as súas tramas son bastante seinen e sen dúbida non van dirixidas cara os nenos.
ARGUMENTO:
Darker than black é un anime que me gustou( a súa primeira temporada,  a segunda aínda non  a vin) en gran parte debido a un elemento: superpoderes. É que eu é ver superpoderes e xa me mola, véxase heroes que agora é bastante penosa e continúoa vendo, xa ves.
Bueno, o caso é que esta Darker than black sitúase na Terra nu futuro próximo. Neste futuro aparece unha porta xigantesca no medio de Tokio, Hells Gate, e dalí a unhas poucas semanas comezan a parecer persoas que adquiren habilidades especiais grazas á mesma. Son os chamados contratistas. Chámanse así porque cada vez que usan o seu poder teñen que pagar un contrato. En algúns casos é algo bastante simple, como fumar ou beber unha lata de cervexa, pero noutros casos é moi cruel, como beber sangue dos nenos, sangrar, envellecer ou rexuvenecer, entre outros. Así, dálle unha reviravolta ao xénero dos superheroes e tráenos uns personaxes fríos, calculadores, que non usan os seus poderes ao chou senón que se miden moito nas súas accións.Os contratistas están afectados por unha desorde psicolóxica, polo que non teñen ningún reparo en cometer asasinatos e sempren actúan de forma racional.
Aparte dos contratistas, están os humanos normais, quen descoñecen a existencia dos contratistas salvo os policías e un termo intermedio que son os Moratorios, que descoñecen o uso dos seus poderes.Tamén están os dolls(muñecas/os), seres que manexan espíritos de observación e poden localizar persoas con eles.
Ademais , está a exitencia do sindicato, unha asociación de humanos e contratistas que quere dictar as súas normas sobre o mundo, á que pertencen Hei, Yin, e moitos outros.
PERSONAXES:
Dentro dos personaxes, hai un que sen dúbida é o principal, Hei. É un contratista que ten a habilidade de manipular a electricidade. É un personaxe bastante interesante porque non é o típico contratista insensíbel, senón que extrañamente ten conciencia das cousas que fai, aínda que queira que os demais non o saiban. Para que non coñezan a súa identidade usa unha máscara estilo v de vendetta, como se pode observar na imaxe da parte esquerda, que lle da un toque moi interesante.



Logo , podemos considerar a Yin e a Huang personaxes bastante principais, xunto con Hei e Mao, un contratista metido no corpo dun gato porque perdeu o seu, forman o grupo de asalto para realizar misións.Yin é sen dúbida unha personaxe que aínda que non fale moito, as veces que fala en toda a temporada cóntanse cos dedos dunha man certamente dalle un toque de melancolía á mesma, xa que é cega e en si mesma é un razón para que Hei se rebele contra o sindicato.

Huang é para min un dos personaxes máis interesantes xa que aínda que é un simple humano é capaz de lidiar con contratistas e impoñerlles respeito.
Iso foi polo bando do "Hei team", logo na banda dos "bos", a policía, temos á tenente Kirihara, unha policía nova que quere resolver o caso dos contratistas e que xa é xefa do seu distrito e a secundarios coma os seus subordinados ou xefes.
Outro personaxe cando menos interesante é a investigadora que traballa no centro no que miran as estrelas.Cada vez que un contratista morre, cae unha estrela, é dicir, cada estrela está asociada a un contratista. Así, o nome en clave apra a poliía de Hei é BK201, pola súa estrela.
Certamente o ceo xoga un papel moi importante xa que o ceo que teñen non é real, son estrelas de mentira, e Hei soña, así coma moitos outros personaxes, poder ver o ceo normal e non unha imitación.
Para rematar, citar a un detective e á súa axudante, que se ven non teñen unha influencia directa na historia aparecen en historias paralelas e danlle un toque de humor.
A parte desets personaxes, hai outros contratistas que se unen nunha organización chamada EPR.A máis importante deles é sen dúbida Amber, ex-compañeira de Hei e que agora é lider destes grupo terrorista. A súa compensación é facerse máis nova e a súa habilidade é a de parar o tempo.
ANIMACIÓN
Este anime é un deses onde se poden lucir coa animación porque está cheo de momentos de acción, constantes pelexas entre personaxes. E fanno, ao mellor cando están falando baixa un pouco o nivel pero hai que recoñecer que as pelexas están moi ben coreografiadas, non parecen para nada artificiais e danlle á serie un aire de realismo. Ademáis, hai que dicir que este anime é seinen, é dicir, para adultos. E non no sentido pornográfico-hentai, senón no senso de que hai grandes doses de violencia e o sangue é un elemento común . Isto está ben, porque se a alguén lle reventan un pulmón o normal é que sangue, así conséguese moito máis realismo.
BSO
Está ben, pero non é un espectáculo.Os opening son resultóns, cumplen ben e a forza de velos acaban gustando pero a min é que o ending non me molou nada, un ritmo demasiado lento para o mei gusto. Por outra banda, o que son as melodías que sonán durante a serie están ben, axudan bastante a meterse en situación, un punto positivo por isto.



CONCLUSIÓN
Darker than black mola, e moito. A calidade dos seus argumentos roza a perfección por momentos grazas a Hei ,aínda que hai veces que cos secundarios perde bastante.É un moi bo anime seinen, se che gusta a acción telo que ver e se che gustan as tramas de conspiracións tamén.Eu recoméndoo.


Nota: 8.8

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //