Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 22 de xuño de 2010


EEEEEEEPIC!Ese é o mellor adxectivo co que podo describir B GATA H KEI. Certamente cando les o argumento pode parecer unha serie moi simplona, i éo, pero eso non quita que teña un humor verdadeiramente bo que roza o sublime por momentos, nunca me rin tanto cun anime.Agora o argumento:
ARGUMENTO
Esta historia conta a vida de Yamada e Kosuda. Yamada é unha das rapazas máis lindas da escola, sendo adorada por todos.O que non saben é que é tremendamente pervertida e que a súa meta na vida e facer o amor con 100 tíos. Así, por un casual, o seu "proxecto" numero 1 resulta ser Kosuda, un rapaz de corazón amable pero non demasiado guapo que nunca tivo experiencias amorosas.Así a historia desenvólvese de xeito que a relación de Kosuda e Yamada vai avanzando pouco a pouco e con numerosas situacións cómicas debido ás ideas de Yamada é á pouca ansia de Kosuda.
Isto é o argumento.Agora gustaríame salientar algúns detalles que non so no argumento principal pero son verdadeiramente bos de cara á comedia:
-O nome da serie xa ten connotación sexual, B GATA H KEI , con referencias coa B ao tamaño dun axustador e coa H ao caracter ecchi da serie.
-Tanto Yamada como Kosuda, así como máis adiante outros personaxes teñen uns ero-kami(deuses eróticos) que os axudan na súa vida amorosa. A de Yamada é certamente cómica sendo unha muller de aspecto similar a Yamada pero con pero é que o de Kosuda é sublime. Este último ten escenas verdadeiramente graciosas, coma cando para mostrar como Kosuda ten unha erección vese ao monigote bombeando sangue, ou cando o pene de Kosuda resulta ser o monigote que se vai levantando pouco a pouco.
-Por algunha extraña razón Kosuda e Yamada teñen moi mala sorte. É imposible que teñan unha velada romántica decente, o que provoca momentos graciosos.
-Yamada ten unha mente incriblemente pervertida, o que lle permite imaxinar situación incriblemente extravagantes que rara vez se chegan a cumprir.
PERSONAXES:
Os dous personaxes principais son Yamada e Kosuda:
-Yamada: unha rapaza de Instituto tremendamente admirada pola súa beleza que nunca tivo un mozo pero que a súa mente é moi pervertida e imaxina todo tipo de cousas dese estilo.A súa meta na vida é facer o amor con cen homes e o seu primeiro candidato é Kosuda.É unha personaxe moi graciosa tanto polas expresións que pon como polo bo traballo da súa seiyuu.
-Kosuda: o protagonista masculino da historia. Típico rapaz de bo corazón que non é demasiado guapo e nun cativo sorte cas mulleres. Pero de súpeto tópase con que o bombón de Yamada-san quere ser a súa moza polo que queda alucinado e pensa que é o home máis afortunado do universo. Un personaxe moi intersante, é divertido ver tódalas cousas que lle acontecen e que en moitos casos lle impiden levarse mellor con Yamada.É virxe, un tema tocado frecuentemente e unha das razóns polas que Yamada o elixiu.
-Takeshita:  mellor amiga de Yamada. Sempre é preguntada por Yamada acerca de cousas sexuais co que ela remata careándose. Ten uns peitos moi grandes, moito máis que os de Yamada o que é un chiste recurrente. Ten un mozo actualmente polo que da consellos sobre o amor a Yamada.
-Miyano:amiga da infancia de Kosuda de grandes peitos e moi hábil na cociña. É a rival de Yamada por Kosuda aínda que non se confesou aínda a Kosuda. Ten un moi mal sentido da orientación.
-Kanejou: a nova idol que chega a escola dunha beleza que embelesa a todos, incluso a Kosuda. Compite con Yamada por ser a reina da escola. Está namorada do seu Onii-sama.
 -Onii-sama kanejou: personaxe do típico mozo alto e guapo do que tódalas mulleres están namoradas aínda que el rexéitaas a todas porque quere esperar á muller ideal. Quere ser o mozo de Yamada.
BSO E ANIMACIÓN
A animación é boa, centrándose nos detalles.Un punto importante é o uso de recursos fantásticos para describir situacións cotidiáns, coma o uso de superpoderes ficticios oi enerxía escura que sae de personaxes ao anoxarse. O anime ten unha versión censurada no que aparece o selo "demoníaco" encima de partes sexuais e unha non censurada, habendo así liberdade para o espectador. Ao contrario do que podería parecer, non se centra demasiado en centrar as partes íntimas dos protagonistas e aposta máis por un" casi pero non" .
A banda sonora creo que é bastante acorde, temas rítmicos e musicais, con ritmo, tanto opening como endind. A música que sona durante os capítulos non é demasiado salientábel pero cumpre.
CONCLUSIÓN
En resumo, B GATA H KEI é un must-see aínda que non che guste o xénero ecchi comedia xa que ten unha calidade de comedia moi beoa,sublime por momentos, con situacións que ten faran rir moito e cun gran nivel de animación. Certamente só ten 12 caps pero é unha slice of life polo que non se precisa máis, unha pena que acabase a miña dose de risas semanal. A mellor comedia da temporada de lonxe e probálmente unha das mellores dos últimos anos.

Nota : 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //