Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 19 de xuño de 2010


Do refutado autor Ken Akamatsu, que ten obras famosas coma Love Hina ou Mahou Sensei Negima aquí presento esta A.I. ga tomaranai, que ven a significar algo así como  A Intelixencia Artificial quérete.
Este manga vai dun rapaz que se chama Hitoshi Kobe. A súa vida é un inferno, pásao moi mal na escola polo que decide crear unha intelixencia artificial que fale con el. Cal será a súa sorpresa cando por causa dun relámpago a A.I. cobre vida...Para non spoilear deixoo ahí.
Podo dicir que se trata dun manga do xénero ecchi, comedia, magical girl ,algo shonen , romance e en definitiva con moitos clichés do mundo da informática. Non é algo innovador, pero creo que é un pouco diferente do xénero, sobre todo para ser publicado en 1994.Un manga que pouco a pouco foime gustando ata convertirse nun imprescindible, ten 55 capítulos  e abundante material extra coma entrevistas co autor e algún que outro omake.
Cómpre salientar que pódese ler como exercicio de estudo para ver a evolución do debuxo de Ken Akamatsu , sendo este o seu primeiro manga. Certamente o estilo dos mommentos cómicos e diferente das súas obras posteriores aínda que a min tamén me gustan bastante.Pódese ler en español ou inglés facilmente ao ser un manga bastante antigo, eu soio ler os mangas en inglés porque me fio máis das traduccións.
Un manga que deberías ler!
Por último unhas viñetas sobre o traballo de programador , para ver as os clichés dos que falei arriba.Lese de dereita a esquerda.


NOTA: 7

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //