Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 18 de xuño de 2010


Isto é calidade!Como se soe dicir. Vemos aquí reinterpretado dun xeito diferente o xa clásico de Bram Stokeren forma de anime de 12 caps e 7 ovas. O anime xa está moi ben e as ovas aínda non as vin, por o que se di en internet din que están mellor.Sen dúbida é un anime escuro, tétrico, en certos momentos de terror. O seu xénero pode ser considerado maiormente gore, terror ou sobrenatural, aínda que tamén ten os seus momentos de acción. Se buscas historias románticas non é o teu, non hai nen a primeira, aquí é todo moito máis "dispara e logo pregunta", o que non quere dicir que teña u profundo e coidado trasfondo hidtórico, un gran plot sen dúbida.
Despois desta breve introducción, vamos co argumento:
ARGUMENTO
Hellsing é a historia da familia Hellsing, unha poderosa familia que co seu exército de caballeiros ten como misión principal a de protexer a Gran Bretaña de todo tipo de enxendros sobreanturais. Así, con ese propósito manteñen baixo o seu control desde uns 100 anos antes do comezo do anime ao vampiro inmortal Alucard, que segue obedentemente as ordes da cabeza da familia e actual xefa da organización Integra Hellsing. Desenvólvense ao longo dos trece capítulos tanto historias curtas, con batallas contra inimigos coma vampiros , ghouls ou outros seres sobrenaturais coma tramas máis longas para testar verdadeiramente os poderes de Alucard. Probabelmente unha as maiores tramas da temporada sexa a de que cu nchip os humanos poden volverse vampiros, Hellsing quere evitar isto.
Un elemento que diferencia ao anime do manga é o protagonismo otorgado aquí a Seras Victoria, unha policía que no primeiro cap convértese en vampiro  grazas a Alucard. É unha muller nova, independente, que ao comezo é débil pero faise forte.Para non "Spoilear" demasiado non conto máis aquí do argumento.
PERSONAXES
Podemos distinguir tres personaxes principais:
-Alucard(aka o vampiro inmortal, nótese que o seu nome é un anagrama de Drácula) :  o protagonista indiscutíbel da serie. É probábelmente o vampiro máis antigo que existe no momento cronolóxico do anime e un dos seres sobrenaturais máis poderosos, por non dicir o máis. Trátase dun personaxe que aínda de ser teoriacmente dos bos, a súa personalidade non se corresponde con este arquetipo. Estamos cara un personaxe tremendamente complexo, sádico, malvado, calculador, frío, en resumo, alguén a temer. Gústalle humillar aos seus adversarios polo que comunmente déixalles tomar vantaxe a propósito para logo machacalos. As súas habilidades son moitas e diversas, coma a inmortalidade, forza bruta, capacidade de crear ilusións, pasar a través dos obxectos, etc.Aínda que non se menciona oficialmente no anime, danse moitas evidencias no manga de que Alucard é como parace indicar o seu nome Drácula, o coñecido personaxe de Bram Stóker. Certamente faise un esforzo por facelo o máis parecido posíbel a este personaxe como sexa posíbel,tanto no debuxo coma no carácter.
A persar da súa maldade, é un personaxe xusto, non contempla cousas coma as guerras sen sentido ou morder a humanos se ter necesidade .Serve á familia Hellsing desde fai 100 anos por as súas propias razóns que non se coñecen, estando o seu poder selado a menos que o autorice a cabeza da familia Hellsing.
-Integra Hellsing: actual Líder da organización e membro da familia Hellsing. Nótese aqui tamén certa similitude con "Drácula" co nome Hellsing, unha familia de cazadores de seres sobrenaturais, fíxose unha película sobre o tema chamada "Van Hellsing". Estamos ante unha muller traballadora, seria, firme, que fará o que teña que facer se é o seu deber. Adquiriu o mando da organización moi nova polo que aprendeu a desenvolverse nun ambiente hostil, polas condicións de ser muller e tan nova nun entorno só de homes poderosos.Ten á súa disposición a tódolos soldados de Hellsing, destaca Walter, o maiordomo que ten unhas habilidade bastante especiais cuns fios capaces de cortar ata o metal.
-Seras Victoria: máis protagonista co anime que no manga, no capítulo un acaba convertida en vampiro.Cómpre salientar que só as mulleres virxes poden transformarse en vampiresas ao ser mordidas.Ela revélase bastante contra a súa condición e en consecuencia non morde á xente e aliméntase de sangue de transfusións.É a discípula de Alucard, ao que chama Mestre.
ANIMACIÓN E BSO
Estamos ante unha animación diferenciada entre personaxes, é dicir, por exemplo Alucard e outros personaxes principais son tremendamente caracterizados , con tódolos detalles e outros menos importantes non teñen tanto detalle.Aínda así, estamos ante unha obra de nivel medio-alto en canto a animación.Sen dúbida ten toques moi oscuros, tétricos ou tenebrosos que axudan a darlle un toque de distinción e encadrala no xénero gore e non nun simple seinen.Hai secuencias especialmente coidadas, coma cando dispara Alucard a súa pistola, vese todo o proceso que segue a bala con todo detalle.
En canto á banda sonora é sobrasaínte. O opening e o ending son en inglés, e especialmente o opening é excepcional.O ending tamén está ben, pero non lle topo demasiada correspondencia co que é a serie en xeral.
O resto dos temas que sonan durante as batallas son moi bos, abundando pezas de música clásica con instrumentos de corda ou vento.

 CONCLUSIÓN
En 12 caps non da moito tempo a profundizar nunha historia que da moito de si no manga .Fíxose un gran esforzo na recreación de Alucard, un punto polo que merece a pena ver o anime. Estamos ante un producto do mellor que se fixo nos últimos anos en canto a anime e que é moi popular en internet.É altamente recomendado , aínda que non sexas moi fan do xénero gore. É un anime seinen, polo que ten escenas de sangue ou violencia extrema, pero axudan a dar realismo e non están fora de contexto.Eu recoméndoa!

NOTA: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //