Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 26 de xuño de 2010


Estamos ante un manga dunha duración non demasiado longa aínda que estiralo máis sería un erro, eu creo que foi estirado de máis. O xénero sería comedia, romance, ecchi, pero sobre todo time-travellers.Así, este manga vai de que unha rapaza do século XXI desperta ao seu avó en forma de neno de doce anos que estaba conxelado, e ámbolos dous forman unha axencia de detectives para resolver os casos do século XXI.Vale, nótese aquí un fallo argumental grave, como vai ser o avó da rapaza se estivo conxelado 50 anos?Ben, a parte disto, estamos ante un manga de aventuras e misterio, con grandes xiros argumentais . Algúns misterios son resoltos dun xeito algo acelerado e ao final da demsiadas voltas para explicar todo, aínda que non deixa cabos oltos o que é de agradecer. Unha bo manga de temática de viaxes no tempo, un imprescindible do xénero.Actualmente está completo polo que pódese ler dun tirón, só son 5 ou seis volumes e o último volumen ao meu entender e máis un epílogo que outra cousa.Vamos, que se che gusta unha trama ben texida con moitos misterios e xiros imprevisibles isto é o teu.

Nota: 6.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //