Newest Post
Dual Parallel Trouble Adventure(que posteriormente no artigo acurtarei por dual) é un anime de xénero mecha que se emitiu en 1999. Son 13 caps e unha OVA; non obstante hai un rumor en internet de que se podería facer unha posíbel continuación aínda que nunca se confirmou nada oficialmente.Así, vamos co argumento.
ARGUMENTO
A premisa inicial deste anime é moi atractiva: existencia de mundos paralelos e centos de veces no mesmo as leis físicas son amplamente ignoradas aínda que hai que ter en conta que é de xénero fantástico e non intenta ser realista.
Yotsuga Kazuki é un rapaz que ve visións de robots xigantes pelexando e destruíndo cousas, pero só el as pode ver e ninguén o cree. Sen embargo, un día a rapaza máis popular de clase, Sanada Mitsuki, invítao á súa casa. Alí, o pai de Mitsuki, que é un científico, manda a Kazuki cun artefacto a un mundo paralelo onde realmente existen esas pelexas de mechas e o mundo está sumido nunha guerra.
Ben ,este anime é de mechas: hai esceas calcadas de Evangelion . Por exemplo, a mítica escea de cando o protagonista masculino se sube ao mecha e ten tanto medo que non se da movido e polo tanto non da pilotado o mecha xD.
Sen embargo, non é Evangelion e nótase sobre todo polo ton . Isto é, non ten un ton para nada escuro e logo dos primeiros caps convértese nun anime que, aínda que aparecen mechas, ten bastante de comedia, harem, algo de ecchi e incluso algo de school life.
A existencia de dous mundos paralelos supón unha gran riqueza argumental: a versión dun/dunha personaxes nun mundo ou noutro, as cousas que existen nun mundo ou noutro, as viaxes temporados, ..... En resumo, o tema dos mundos paralelos está moi ben, aínda que ,dado que o anime ten un carácter non demasiado serio non se centra totalmente no mesmo e cecáis se o fixera daría un resultado mellor.Con todo, é un anime moi interesante argumentalmente.
PERSONAXES
-Yotsuga Kazuki: protagonista masculino da historia procedente do universo normal. Típico heroe das comedias harem con elementos ecchi, meténdose en líos moitas veces e provocando o anoxo das súas compañeiras femininas.
O seu carácter é amábel, serio, un típico gentleman áinda que cecáis non consiga selo moitas veces.
Por momentos ten un aire a Shinji de Evangelion, véxase que Kazuki ten un forte desexo de cambiar as cousas, de acabar a guerra e un fondo sentimento de xustiza. Para mostrar isto, só fai falla ver unha das esceas nos primeiros caps, con Kazuki metido dentro do mecha sen poder pilotar porque ten moito medo. Esa escea é clavada de Evangelion e moitos outros anime..Demasiado cliché(En serio,por que a todos lles entra o medo xusto antes da batalla pero xusto cando os van destruír lles desaparece.)
É o único piloto masculino dun mecha(os mechas só poden ser pilotados por mulleres) pilotando durante o anime dous mechas diferentes.
-Sanada Mitsuki: protagonista feminina da historia protagonista do universo normal e compañeira de clase de Kazuki. É unha personaxe tsundere que está secretamente namorada de Kazuki, aínda que non o queira admitir.
No mundo paralelo asume o papel da filla do Comandante Sanada, converténdose na pilota dun mecha xigante e loitando na guerra.
-D: organismo que se atopou no lugar onde se atopouc a tecnoloxía antiga que actualmente ten forma humanoide. Non se sabe moi ben o que é pero sábese que ten que ver coa tecnoloxía antiga e que probábelmente sexa a clave para comprendela.
Ao ser algo así coma un bioandroide(algo así coma un cyborg pero con máis partes humanas, podendo alimentarse e respirar). o seu carácter é moi frío, descoñece o que son os sentimentos e apenas ten amigos, aínda que iso cambia co transcurso dos capítulos.
É pilota dun mecha, sendo bastante boa no seu manexo.
-Yayoi: ex-pilota de mecha que actualmente é profesora de Kazuki e Mitsuki no mundo paralelo(ela só existe neste mundo). O seu carácter é moi amábel cara Kazuki, converténdose nunha das candidatas do seu "harem".
-Mitsuki Rara: versión no mundo paralelo de Mitsuki Sanada. Esta Mitsuki é moito máis honesta cos seus sentimentos, confesándoselle a Kazuki e sendo moito máis agarimosa con el(É a única fémina cara a que Kazuki mostrou realmente afecto de tipo amoroso).
-Ken Sanada: Este personaxe ten dúas versións. Na versión do mundo normal, é un científico tolo que se dedica a facer experimentos para atopar a existencia dun mundo paralelo. Na versión do mundo paralelo, é o comandante en xefe do exército anti-rara, cun carácter lixeiramente máis serio e unha maior responsabilidade sobre os seus ombreiros.
-Akame Yamano: conselleira do mesmo exército que Ken Sanada. É unha muller que sempre fai todo por orde dos seus superiores e sempre ao pé da letra, pero no fondo é comprensiva e demostra compasión nalgúns momentos.
-Hiroshi Rara: Ten dúas versións. Na versión do mundo paralelo, está casado con Ayuko Rara e intenta dominar o mundo.Na versión do mundo normal, está solteiro i é un científico que traballa con Ken Sanada.
-Ayuko Rara: muller de Hiroshi Rara e a que realmente move os fíos, facendo de dominatrix con Hiroshi.O seu carácter é moi altivo, sempre querendo ser máis que os demáis e sendo capaz de todo con tal de gañar a guerra.
ANIMACIÓN E BSO
Isto é de 1999... así que tampouco lle vas pedir que sexa unha maravilla en animación á altura de animes recentes. A ver, o deseño de personaxes está bastante decente, aínda que algunhas veces parece que a súa expresividade non é toda a que debería.
Por outra banda, as pelexas entre mechas están moi ben recreadas, con explosións, láseres, pistolas de luz, misís, etc.
Algo que me chamou bastante a atención foi o deseño dos mechas: teñen tacóns!Sí, como soa, camiñan en estruturas similar a zapatos de tacón, o cal me pareceu moi extraño.
Se falamos da BSO, non é unha obra mestra, pero ten os seus momentos. O OP gústame bastante e as melodias que soan son boas por momentos.
CONCLUSIÓN
Isto é unha especie de fusión entre Evangelion e Tenchi Muyo! pero o resultado cecáis non é todo o satisfactorio que debería. Está ben, pero dado o gran potencial dos universos paralelos, mechas e de maís elementos de cienci ficción podería dar moito máis.
Nota: 7
- Back to Home »
- Anime , Dual Parallel Trouble Adventure , ecchi , Nota entre 7 e 8 , shonen »
- CriTiCa ANiMe: Dual! Parallel Trouble Adventure