Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 21 de abril de 2011



Ginen Shounen(Gelatin Boy),de Gotou Junpei,  é un manga cuxo título non significa moito no mesmo, ou eu non pillei o que significa. É bastante recente, publicouse o seu último volume en xaneiro de 2011 facendo un total de 20 caps mensuais, cada un deles de 30-35 caps aprox.Foi serializado na Shounen Sunday Super.
Non é un manga moi longo pero é bastante conciso, é dicir, non hai recheos innecesarios e a historia apenas se estira, é dicir contan a historia como ten que ser, nen máis longa nen máis curta.Así , de que vai?

Conta unha historia de romance aínda que de corte shonen pero con toques de fantasía. Mataki é un rapaz que é fotógrafo, toma fotos de todo o que ve, pero sobre todo toma fotos para mostrarllas a Mirai-san, unha amiga da infancia. El está namorado dela, aínda que nunca se decidiu a confesar o seu amor. 
Un día descobre que pode facer fotos do futuro coa súa cámara, podendo predicir acontecementos que ocorrerán. Nunha desas fotos, Mataki vese a el mesmo morto, tirado no chan, polo que comeza a investigar como evitar que iso suceda e ao mesmo tempo conquistar a Mirai.

O argumento é bastante orixinal no concepto de sacar fotos do futuro, aínda que é bastante cliché no tema da relación entre Mirai e Mataki. Sen embargo, é bastante interesante que os personaxes non sexan perfectos, que cometan erros, xa que pódeos acercar máis ao lector e facelos máis identificábeis.
A súa arte está bastante ben, non é un prodixio pero cumpre co seu cometido, cousa que outros mangas non fan, pero sobre todo o punto forte disto é a historia, ao meu entender.
Así, eu recomendo este romance de corte shonen, polo seu toque innovador e refrescante dentro do xénero como son fotos do futuro, así como un desenvolvemento de personaxes interesante e unha arte decente.
Pódese atopar en internet en :
-http://www.mangafox.com/manga/ginen_shounen/
-http://submanga.com/Gelatin_Boy/completa
-http://www.otakuworks.com/series/3620/ginen-shounen

Nota: 7

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //