Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 14 de abril de 2011


Despois dun tempo que pareceu interminábel, á fin acabei de ler o cap final de Change 123(8 de Xaneiro de 2011), un dos primeiros mangas que comecei a ler e que seguí mensualmente desde case o principio ata o seu cap final, o cap 60. A súa publicación foi teoricamente mensual, aínda que os fansub tardaron moito tempo en traducir o último volume polo que aínda o acabo de ler. Así, de que vai?


Change 123 conta a historia de Kotegawa-kun, un rapaz de Instituto que vive unha pacífica vida sendo admirador de Kamen Rider, un personaxe ficticio xaponés. Sen embargo, todo iso cambia cando coñece a Motoko, unha tímida rapaza con gafas que intenta non destacar. Sen embargo, grazas a que a parte dela mesma outras tres personalidades, cada unha experta nunha arte marcial diferente, conviven dentro dela o seu mundo é todo menos tranquilo. Así, Kotegawa descobre por erro isto e así comeza a historia para protexer este secreto.

 Iso sería o sumario xeral, agora un pouco máis pormenorizado, con spoilers importantes:
-SPOILER ALERT-
Este manga clasifcaríase dentro do xénero seinen por idade, e por temática sería ecchi, comedia pero sobre todo martial arts. E as artes marcias non son unha mera excusa, coma noutros casos , para desenvolver a comedia son a base do manga e as pelexas son memorábeis, algunhas son das mellores que levo visto de tódolos mangas que lin.
Ao comezo a historia é bastante slice of life, con Kotegawa e Mokkoto lidiando coas personalidades desta ultima, coas situacións cómicas e ecchis que diso resulta, aínda que comeza a poñerse interesante a partir da aprición dun home cunha bolsa de basura na cabeza(si, eu tamén pensei cando o vin :WTF!?) que entabla unha pelexa con Motoko. Aquí comeza , para min, o mellor arco de lonxe do manga, con pelexas moi boas. Neste arco o que se conta é a historia de como intentan sacar a relucir unha quinta personalidade chamada Zero, que é moito máis poderosa que calquera das outras e certamente moito máis sanguinaria. Logo da aparente destrución de Zero comeza un teito da historia ao meu entender no moi interesante, no que se inclue unha infiltración nunha base de militares. Logo disto a historia volve remontar nun arco que, se cadra non tan bo coma o primeiro , pero ao seu xeito un gran arco pola cantidade de revelacións que se producen do mesmo. Memorias do pasado, familias que actuan desde as tebras, e en resumo porque Motoko é como é están á orde do día. Cecáis me houbese gustado que se profundizase un pouco máis no pasado da nai de Motoko, que como se mostra no manga é tremendamente interesante. 
A pesar desa parte interesante, o da pelexa final entre Motoko, e o seu pai Tatsuya(que se revela nos caps finais que é realmente o seu pai biolóxico verdadeiro) pareceume demasiado artificial. É dicir , o de que se lles ocorra que pelexando poden sacar a personalidade Motoko outra vez á superficie(estaba desaparecida desde varios caps atrás)  non me pareceu demasiado lóxico , a verdade, aínda que se base na teoría do primemiro arco do que pasou para que Zero emerxese.

Hai sangue! Dígoo así porque isto , como dixen antes, é seinen é nótase. As pelxas intentan ser o máis realistas posíbeis, de maneira que as feridas d@s personaxes son bastante realistas así coma a exprsión que poñen ons seus rostros cando son golpeados. Aínda así, o potencial de combate de moitos artistas marciais que aparecen no manga é demasiado elevado, tildáldoos de innvecíbeis, algo necesari para a historia. Relacionado con ser seinen está o ecchi que se mostra. As personaxes femininas están tremendamente ben debuxadas , particularmente, claro está, Motoko e HiFuMi. HiFuMi é o nome xenérico das personalidades de Motoko, sendo Hifumi experta en kárate, cun carácter bastante marimachi, Fujiko a que razoa as cousas, moito máis madura e experta no manexo de armas e Mikiri, a máis infatil de todas e experta en Judo.
Cada unha das personalidades é o resultado do entrenamento de Motoko desde pequena de cada un dos seus pais, dahí que cada unha manexe unha arte marcial diferente e que cada unha teña unha cor, un termo moi freceuntemente usado no manga que ven a dicir que dependendo da cor pódese estar máis orientado ao ataque, defensa ou velocidade.
Outra característica de HiFuMi é que cando Motoko cambia de personalidade tamén cambia fisicamente, por exemplo Mikiri é a que ten de tódalas personalidade os peitos máis grandes; aínda que os cambios no son perceptíbeis a simple vista sendo cambios poucos significativos.
Outra cousa que me gustou do manga foi que o protagonista principal , o heroe, non é tal , máis ben é un maldito inútil que non da feito nada por si mesmo e ten que deixar que unha muller o defenda, o que para el é tremendamente frustrante nun comezo.
-SPOILER END-





Como conclusión, non penses que simplemente un manga de ecchi, con tías boas e argumento estúpido porque non o é. O argumento é moi profundo, incluso con toques psicolóxicos polo tema das personalidades múltiples e as pelexas son excepcionais, convertíndoo o ecchi e alo que se precibe pero non é a base deste manga.
Máis información en: http://en.wikipedia.org/wiki/Change_123

Nota : 8.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //