Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 7 de abril de 2011


Ichigo 100 % é un manga(con adaptación a anime) que gozou de bastante popularidade no seu momento como se deduce do seu número bastante elevado de caps(167) así como en que a autora(Mizuki Kawashita) recibía moitas cartas. Desta mesma autora tamén lin Akane-chan overdrive, que estaba bastante ben aínda que non é o meu gender bender favorito.
Volvendo ao que nos ocupa, esta historia é un romance de estilo shonen, con elementos cómicos, ecchi e de harem, un xénero repetido ata a saciedade por diferentes mangakas, aínda que hai que ter en conta que este manga comezou en 2002 e rematou en 2004, polo que sería bastante innovador.
Non obstante, segundo as miñas investigacións tódolos mangas deste estilo se basan nun manga que se publicou na Shonen Jumo algún tempo antes chamado I'ss.

Conta a historia dun rapaz chamado Manaka , que un día, estando na azotea do seu instituto contempla unhas bragas  con debuxos de amorodos(strawberrys ou ichigo) cando unha rapaza lle cae enriba. Non consegue verlle a cara pero ten algo claro, esa é a rapaza da súa vida polo que comeza a súa busca para atopala.
Así transcorre esta historia, co protagonista coñecendo a diferentes heroinas da historia e coa dúbida de con quen se quedará.
-SPOILER START- Así, aínda que eu preferise que á fin rematase con Kitaooki, durante toda a obra xa se nos di que non vai ser así e polo menos topei algo orixinal que rematase con Tsukasa , e non que todo o mundo pensaba que ía rematar, Toukou, a primeira rapaza que coñeceu e a que levaba postos as bragas de fresa aquel día. En serio, cousas tan cantosas coma en Suzuka non me convencen;é dicir, o manga titúlase Suzuka e maxicamente hai unha rapaza que se chame Suzuka na historia?Vai acaba con ela fixo, escusas ler o manga case xDD.
-SPOILER END-

Por culpa do xénero que ten é unha historia cun número de capítulos moito máis alto do que cecáis necesitara, esta claro que a autora fixo caps ata que se aburriu xa que tecnicamente apenas pasa nada reñevante nunca e hai unha constante sensación de dejavu se liches obras deste xenero antes. Capítulos coma a viaxe escolar en tren, a visita ás augas termais, a visita á piscina, o festival escolar, ... son moi míticas.
Outra cousa en contra do manga,aínda que do xénero en xeral, é que moitos caps xa sabes como van acabar ao comezo polo título ou ás poucas paxs e cecáis algunhas aparicións d@s personaxes sexan algo forzadas.
A arte, coma no resto dos traballos da autora, é máis realista do normal, as proporcións das féminas(outro punto, case todas son guapas, cunhas proporcións perfectas, aínda que é normal neste tipo de manga) son máis realistas o que lle da un toque de realismo ao manga .Agradécese.
Polo demáis, creo que é unha obra interesante xa que ten un carácter cómico e céntrase en tódalas heroinas en certo modo, un romance shonen con algún momento de comedia moi bo , cunha arte certamente interesante pola súa calidade e realismo e sobre todo un ritmo estable;case nunca pasa nada pero cando pasa estando bastante ben levado.
Obras similares son Suzuka, Kimi no Iru Machi, I'ss, Mx0, Pastel,.... polo que se che gustan ou gustaron esas este manga tamén che gustará.




Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //