Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :mércores, 30 de marzo de 2011
Este anime foi a sorpresa da tempada na miña opinión, prantexándose de forma moito máis dinámica e cómica do que se podía esperar nun principio. Así, despois de 11 caps rematou a primeira temporada de Kuragehime(princesa medusa), unha historia josei con tremendo éxito en Xapón no seu formato manga e cunha adaptación boa ao anime capturando bastante ben a esencia do mesmo.
ARGUMENTO:
Conta a historia dun grupo de "moxigatas" que viven nun edificio denoninado Amamizu-ka. Así, cada unha delas é unha otaku por unha cousa(medusas,bonecas,....) e viven traballando como asistentes dunha mangaka. Todas elas son unhas inadaptadas sociais,cunhas pintas que espantarían a calquera. Sen embargo, todo isto cambia cando Tsukimi, unha das moxigatas que é unha otaku polas medusas( otaku en xapón non só se aplica ao anime senón que significa estar tolo por algo), coñece a Kuranosuke cando Tsukimi intenta salvar a unha medusa. Así, Kuranosuke remata na casa de Tsukimi e intenta convertila nunha desas "modernas" que tanto teme Tsukimi. Todo vai ben ata que Tsukimi descubre que Kuranosuke é en realidade un home, pero fai crossdressing, polo que llo ten que ocultar a tódalas súas compañeiras xa que os homes non se permites en Amamizu-kan.
A historia non é slice of life, logo de establecer os elementos da historia nos primeiros caps enfócase máis cara un drama. Sen embargo isto non quita que un dos mellores elementos da serie sexa o seu aspecto comico , xa que as interaccións das inquilinas de Amamizu-kan coas "modernas" son moi graciosas dado o descoñecemento das mesmas de como como comportarse neses ambientes , ademáis de personaxes secundarios moi graciosos, a todos lle chove dalgún lado xDD.
PERSONAXES
Kuranosuke: rapaz fillo dun político que ten como afición travestirse. Ao ser fillo dun político, sempre tivo todo o que quixo na cuestión económica e ademási como é guapo smpre tivo sorte no tema amoroso. A pesar de todo isto, é un rapaz moi decidido, cunha personalidade propia como se mostra cando decide axudar á xente de Amamizu-kan.
Móstrase que fai crossdressing polo seu forte amor á moda, sobre todo provocado porque a súa nai era actriz de teatro e tiña centos de vestidos.
A pesar da súa ampla experiencia amorosa, xa que coñeceu e é amigo de moitas mulleres guapas, acaba desenvolvendo sentimentos románticos cara Tsukimi, para a súa sorpresa.
Tsukimi: a protagonista do anime a que da en certo modo nome ao anime. Isto é porque a nai de Tsukimi díxolle, xando era pequena, que tódalas rapazas podían volverse princesas; tamén porque Tsukimi é unha auténtica otaku das medusas, coñecendo tódolos tipos posíbeis e as súas características.
No comezo do anime é unha rapaza moi insegura, con gafas e cun aspecto se mquillar e demáis que se supón que mostra inseguridade, aínda que no transcurso do anime, e cando a maquilla Kuranosuke, o seu carácter vólvese un pouco máis aberto, aínda que non se perde á vella Tsukimi.
Tsukimi e Tsukimi-after
Está secretamente namorada de Shuu, o irmán de Kuranosuke, aínda que recentemente mostrou vagos sentimentos cara o propio Kuranosuke.
Chieko: filla da dona do Amamizu-kan e xerente do mesmo. É un muller máis maior que o resto das inquilinas aínda que on vella, dunha estatura moi reducida que sempre viste kimonos.
As súas habilidades para coser son case sobrehumanas, podendo coser a un nivel máis que profesional axudando a Tsukimi sempre que precisa coser algo.
É unha Otaku das bonecas de porcelana e ten moitas, cada unha co seu kimono e cun nome diferente.
Mayaya: inquilnia do Amamizu-kan bastante alta e co pelo por encima da cara de forma que non se lle ven os ollos. A súa figura é espigada i é unha otaku de todo o relacionado co Rexistro dos tres reinos(podes ir ao enlace de wikipedia clickando na entrada pero en resumidas contas é un libro que conta unha historia de amor no Xapón dos Tres Reinos), coñecendo á perfeccion este período histórico e facendo multitude de citas sobre a obra.
Bamba: rapaza que vive no bloque cunha voz bastante rouca así como unha estatura bastante pequena. O seu pelo é negro estilo afro, coma ese de "11811" . É unha Otaku dos trens.
Kuranosuke, intentando peinar o pelo afro de Bamba.
Jiji: outra inquilina do Amaizu-kan que non sae demasiado na historia. É unha muller de mediana idade, pelo negro e gafas que está obsesioniada cos homes de mediada(ou máis) idade, coma o pai de Kuranosuke.
Shu: irmán de Kuranosuke e segundo fillo da familia Koibuchi. É un home tremendamente honesto, serio e moi cabaleiroso, aínda que tamén moi inexperto no terreo amoroso, aínda que durante a tempada avanza un pouco o mesmo.
Shoko Inari: muller moi guapa, desas que farían a calquera home xirarse ao vela pasar, cuxo carácter é amábel por fóra pero en realidade é fría e manipuladora, deitándose con calquera para conseguir o que quere, neste caso construir un nhotel no lugar onde está Amamizu-kan.
Aínda que hai algún personaxe máis,estse son os máis importatens. Particularmente graciosos me pareceron o chofer da familia, que quere máis aos coches que a calquera cousa e o detective privado que contrata o chofer, capaz de atopar a calquera a pertir dun boceto .
ANIMACIÓN E BSO
Non hai esceas de acción, non hai pelexas....En resumo non hai unha necesidade dunha animación brilante, polo que é máis ou menos uniforme durante a tempada un nivel de coloridos bo, cuns escenarios ben definidos e un deseño de personaxes bastante remarcábel.
A banda sonora non se enfoca demsiado en temas dramáticos senón que tira máis cara temas cómicos, coma o seu OP, moi pegadizo. Non obstante ten temas dramáticos con frauta bastante bos.
Tsukimi soñando con Shu
CONCLUSIÓN
Está ben, é un anime moito máis denso e amplo do que poida parecer a primeira vista. Non se centra demasiado no slice of life e pasa ao pouco de comezar a presentar os conflictos entre os personaxes e a maneira que teñen de resolvelos dun xeito pouco serio en moitas ocasións que está moi ben. No meu top 3 do 2010.
Nota: 9
- Back to Home »
- Anime , gender bender , Kuragehime , Nota entre 9 e 10 »
- CriTiCa ANiMe: Kuragehime