Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 20 de maio de 2011


Fractale é un anime(con manga homónimo) que se emitiu durante a tempada de inverno de 2011. É un deses poucos animes nos que o manga ten menos capítulos que o anime, algo moi pouco habitual, xa que apenas ten material que adaptar sendo un manga relativamente recente.
É destinado a adultos(seinen) polo menos así o quere parecer, aínda que ten moitos elementos shonen , con moitos momentos ecchi ao estilo doutros moitos animes. Así, o máis seinen deste anime  é o seu argumento, non  tanto na súa execución coma no seu fondo, cunha historia bastante interesante: foi a razón pola que comecei a ler o manga e vi o anime que trato aquí.Imos co argumento:
ARGUMENTO
 Este anime sitúase nunha época futurista (suponse) na que os humanos xa non se relacionan entre si cara a cara e usan unha especie de avatares chamados doppels, con forma de robots na súa maioría aínda que dependendi do poder adquisitivo do usuario poden adoptar a apariencia que se desexe.
Ademáis, a realidade virtual está moi avanzada pode enganar á xente , de xeito que as cidades son utópicas en canto a escearios.
Todo isto é posíbel grazas a algo denominado Fractale, un satélite que emite un sinal que recolle cada persoa grazas a un terminal implantado no seu corpo e que lle permite disfrutar de moitos beneficios, tales como a curación de enfermidades a distancia , a consulta de información na rede sen necesidade de ordenadores ,....
Detrás desta realidade utópica atópanse certas persoas con hábito, que se chaman a si mesmas "Templo". Así, controlan a vida de tódolos habitantes da Terra grazas a Fractale, tratándoos como marionetas e anulando instintos básicos , de tal forman que non serían capaces de sobrevivir sen Fractale.
Clain é un rapaz ao que lle gusta moito todo o antigo, vintage, de tal xeito que os seus pais e amigos o consideran un raro, xa que prefire camiñar en persoa que usar o seu doppel.
Así, un día mentres está nunha feira, atopa a unha rapaza de verdade coma el, chamada Phryne. Están perseguindo a Phryne polo que despois dunha breve discusión os dous ocúltanse na casa de Clain. Deciden escapar xuntos pero Phryne déixa tirado a Clain : isto é máis ou menos o que pasa no primeiro capítulo e o punto de partida real da historia.
O argumento é bastante seinen na súa temática, aínda que na súa execución cecías se quede máis nun shonen, aínda que hai algúns momentos violentos.
Son 11 capítulos así que moita historia non se pode contar. É bastante estruturada: introdución dos personaxes, batalla e desenlace. Conste que particularmente o comezo pareceume un pouco lento, conllendo algo de ritmo a medida que pasan os capítulos: os mellores capítulos están cara o final da historia. Falando do final, bueno... non megustou. Non direi o que pasa polo que non farei spoiler, pero é un dos peores finai que levo visto. Pareceume parvo e sen sentido, que lle fai moito mal á crítica da historia en conxunto.

PERSONAXES
-Clain: é o protagonista masculino da historia. É un rapaz que é considerado raro porque lle gusta o "vintage" e non usa o seu doppel para saír , isto é, sae "persoalmente". Ten un terminal de fractale implantado e non está demasiado en contra de darlle a felicidade ás persoas a través deste método, aínda que cando descubre as verdadeiras intencións dos que controlan Fractale adopta unha actitude moito máis crítica e remata compartindo ideoloxía (ata certo punto) cun grupo terrorista chamado "Lost Millenium".
Ao comezo da historia é un rapaz que apenas mostra interés polos demais pero pasa a ter un carácter moito máis heroico despois de coñecer a Phryne.
-Nessa: é un doppel cun poder incrible creado polos que controlan fractale. A súa personalidade é a dunha nena pequena moi alegre e que "ama amar".
O seu aspecto é moi similar ao de Phryne só que máis nova.
-Phryne: protagonista feminina da historia e a persoa que está destinada, xunto con Nessa, a arreglar o sistema Fractale. Cando aparece por primeira vez ten a apariecia dunha sacerdotisa, apariencia que repite en multitude de ocasións.
A súa personalidade ao comezo é moi fría, os demais non lle importan e pensa que naceu cun destino prefixado pero a medida que avanza a historia comeza a mostrar emocións moito máis humanas.
-Sunda: xefe dun grupo terrorista que pertence a un movemento máis grande chamado "Lost Millenium". É unha persoa cun carácter moi marcado, sendo serio cando é necesario xa que ten que ser un bo líder, aínda que sabe rir nalgunhas ocasións.
-Enri: irmá de Sunda e activista de "Lost Millenium" ao igual que o seu irmán . A súa personalidade é o arquetipo de Tsundere, estando namorada de Clain, aínda que nunca se confirma isto abertamente.
-Dias:  Outro xeneral de "Lost Millenium" moi cruel e sádio, que se divirte vendo sufrir aos sibaritas que vivían relaxadamente con fractale e que agora non poden facer nada. É capaz de todo con tal de conseguir a victoria.
-Barrot: arzobispo xefe da igrexa de fractale, sendo coma o pai adoptivo de Phryne. Encárgase da súa educación e déixase entrever que a maltrata sexualmente.A pesar de todo isto, Phryne tenlle moito respeito.
-Moeran: É a arzobispa, ou máxima mandataria, dentro da igrexa de fractale. Teoricamente é unha persoa moi amábel e compasiva, querendo evitar a violencia sempre que sexa posíbel, aínda que en realidade ten envexa de Phryne xa que a esta danlle tódolos provilexis, quérena, e en resumo, é máis importante ca ela.



ANIMACIÓN E BSO
Se falamos de animación, non vou dicir que sexa malísima.... pero pero ten baixóns importantes por momentos, algúns capítulos parece que os estás vendo en baixa calidade e outros en alta calidade.
Non obstante, ten os seus momentos nas esceas de acción, e cun deseño de escenarios que me gustou moito.
Algo que subxectivamente creo que é negativo é o deseño de personaxes. Son moi diferentes aos do manga, ao meu entender no manga o deseño é moito mellor, os trazos son máis claros e @s personaxes vense mellor, por dicilo así. No anime, sobre todo no primeiro capítulo, pola novidade, parece case que estás vendo unha historia alternativa ou algo en lugar dunha adaptación dun manga homónimo, pero bueno, a medida que pasan os caps vaste afacendo.
Respeito da BSO non ten así demasiados momentos brilantes, ten algún tema que outro en momentos de tensión pero polo demáis normalciña.
O OP non me gustou nada, tanto no seu aspecto melódico coma no de animación, onde aparecen formas e cores aleatorias que non veñen a nada. O ED é maís decente, pero seguiu sen convencerme(é moi raro que me guste un ED xD)


CONCLUSIÓN
Fractale é un anime que a pesar dos seus defectos déixase ver pola súa calidade argumental. Máis que polo que realmente se ve, polo universo no que ambienta o anime ao explorar unha temática bastante descoñecida no mundo do anime, o cal é un punto a favor. 



Nota: 6.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //