Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :luns, 9 de maio de 2011
Este manga actualmente aínda se está a publicar pero xa ten suficientes capítulos como para ter unha opinión clara sobre el. Creo que é unha obra interesante porque aborda unha temática pouco frecuente e sobre todo desde un punto de vista pouco convencional : é un manga , o que se tivera que definir, definiría como psicolóxico, cecáis algo de terror aínda que tampouco demasiado e algo de intriga.
Non é un manga para todo o mundo porque pode ser atopado aburrido ao ser unha historia que avanza dun xeito terriblemente lento e sobre todo, sen que pareza que pasa nada. Isto non é de todo certo porque os personaxes sufren unha profunda evolución no seu caracter, o gran atractivo : é un manga de personaxes, non de historia.
Imos co argumento!
Conta a historia de certo rapaz chamado Kasuga que é moi calado e apenas fala co resto da xente da súa clase. Está obsesionado co libro "As flores do mal" , de Baudelaire, do que se sabe moitos fragmentos e intenta que sexa o seu modelo para saber como comportarse.
Está secretamente namorado da rapaza moi guapa da súa clase, polo que cando as roupas de ximnasia desta quedan á vista este decide collelas e "sentir a súa fragancia". Cando fai isto pensa que ninguén o está vendo pero resulta que unha rapaza á que todos desprezan estaba detrás súa e ve como fai esa acción. Así, esta amenázao e dille que revelará o seu segredo a menos que faga o que ela queira. Así comeza este manga no que as vexacións ao protagonista son cada vez maiores e o desenvolvemento dos personaxes é incrible.
Ben, este manga paréceme interesante porque se sae un pouco do habitual e trata un tema que aínda que pareza pouco interesante é tratado de forma maxistral que fai que a intriga se manteña e queiras ler cada capítulo. Absolutamente recomendábel.
UPDATE (SOBRE O FINAL):
Se falamos do final deste manga realmente é ...raro. A modo de metáfora ensínanlle ao lector dous finais, o típico, onde todo acaba ben, e outro onde Kasuga sucumbe e decide seguir coas súas paranoias. Hai certas pistas de que se elixe este último final pero non está confirmado. Isto tampouco é que sexa un spoiler, dado que non inflúe demasiado ao ser bastante random XD.
Agora unha imaxe que creo que reflexa bastante ben a esenza deste manga:
Nota: 8.5
- Back to Home »
- Aku no Hana , Manga , Nota entre 8 e 9 , psicolóxico , romance , shonen »
- Recomendación : Aku no Hana