Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 10 de maio de 2011


Bueno, hoxe recomendo un doujinshi. Vale. E que é iso? Pois un "doujinshi" non é máis que un manga feito por aficionados , isto é, sen ter apoios para facelo e sen traballar de mangaka.
O anterior non quere dicir que os doujinshi non cheguen a venderse, que o fan, sobre todo nas grandes convencións de manga xaponesas nas que os autores de doujinshi(igual existe un palabra para denominalos pero o certo é que non a coñezo xD) teñen os seus postos e venden os seus mangas impresos dun xeito máis ou menos "artesán"(bueno, refírome a que non usan grandes imprentas e cada manga vai moito máis coidado seguindo un estándar de calidade o máis alto posíbel e non guiándose pola cantidade).
Despois de toda a parrafada darriba  recordemos que iba recomendar algo. Sí, un manga feito por aficionados chamado Dragon Ball Multiverse.Realmente na páxina web pon que é un webcomic pero vamos, encaixa nun 99.99% na definición de doujinshi.
Os seus autores son dous debuxantes franceses , pero o manga pódese atopar en moitos idiomas, ata en galego" AWWWWWWWYEAAAAAAAAH!!!xDDDDDD
Bueno, agora xa si! De que vai?

A historia sitúase nun universo post-Dragon Ball Z cos heroes da historia vivindo nunha época de paz. Pero como iso non da nada de xogo resulta que certos alieníxenas chegan á Terra ofrecéndolle a posibilidade de participar nun torneo de artes marciais con participantes de toda a galaxia e incluso de universos paralelos.Incluso Goku, quen se atopa entreando nun lugar co que non da contactado pero que é onde viven os dragóns decide participar no torneo.
Así, atopámonos un torneo con pelexas tremendamente interesantes sobre todo porque se producen entre personaxes que no universo da serie non se poderían producir: enfróntanse viláns de varias sagas entre eles, versións alternativas dos personaxes, personaxes novos que son familia dos protagonistas pero nun universo paralelo,...En resumo, a cantidade de personaxes é importante e iso dalle un gran atractivo a este manga.
O argumento floxea sobre todo na súa execución, é dicir, a tensión dos combates non é a mesma pero debo dicir que é suficiente como para ler o seguinte capítulo cada vez con máis ansia.
Para min, o mellor punto deste manga e o seu espectacular debuxo, practicamente idéntico ao do mestre Toriyama, algo que en  moitos mangas deste tipo non se cumpre pero neste caso cumpre á perfección.

Como conclusión dicir que a min recordoume vellos tempos, sobre todo porque eu son ULTRA MEGA FAN de Dragon Ball e calquera cousa sobre a serie me gusta, pero debo dicir que isto está moi ben feito falando dun modo obxectivo e merece ser lido. A miña noraboa aos autores por un produto que sen ter medios moi amplos é tan excepcional.
Algo curioso é que se le de esquerda dereita , ao estilo occidental, e non se le de dereita a esquerda coma o típico manga xaponés.
Máis información na súa web: http://www.dragonball-multiverse.com/es/accueil.html

Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //