Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :martes, 17 de maio de 2011
Fai xa algún tempo que saíu pero quixen esperar a que Strong World estivese dispoñíbel en alta definición e cuns subtítulos de calidade para vela.
Non me soen gustar as películas basadas en animes, tipo as películas de Naruto, Bleach, One Piece, ... xa que este tipo de filmes normalmente teñen un guión pésimo que non segue o estándar de calidade da serie e dan lugar a produtos que a pesar de que son visionábeis non se achegan á calidade da serie, xa que normalmente enfócanse a historias de recheo .
O guión de Strong World foi escrito por Oda, o mangaka de One Piece, e iso nótase moito na calidade argumental do filme. Así, de que vai?
Situaríamos este filme como mínimo despois da inclusión de Brook na tripulación. Os sombreiros de palla están navegando tranquilamente cando ven un barco voando encima deles. Ese barco é dun tamaño xigantesco e del baixa un home que en lugar de pernas ten espadas a falar cos mugiwaras. Ese home é Shiki, o león dourado, o único home que logrou escapar de Impel Down ata a gran fuga , o que conseguiu cortándose as pernas.
Por todo o anterior, Shiki foi un dos poucos en rivalizar con Roger chegando a combatir de igual a igual con el, polo que é probábelmente un dos piratas máis poderosos do mundo.
A habilidade de Shiki, como lle mostra a Luffy e ao resto da tripulación, é o control de gravidade, isto é, pode facer que as cousas que toque floten ou se afundan a vontade, e unha vez que as toca quedarán flotando no aire ata que as volva tocar outra vez. Mediante esta técnica elevou moitas islas e agora ten nelas un centro de investigación no que intenta crear un exército de superbestas.
Sen que ninguén poida facer nada, Shiki vaise voando e leva consigo a Nami, secuestrándoa xa que lle interesan as súas grandes dotes para predecir o clima.
Cando isto está a pasar, os mugiwara ven como o seu barco cae ao vacío e todos acaban , separados uns dos outros nunha das islas flotantes de Shiki, habitada por xigantescos monstros .
Así, o filme vai de que a tripulación de Luffy ten que rescatar a Nami. Non digo máis porque sería espoilear demasiado xD.
O nivel argumental do filme é moi bo, dado que a pesar de conter maiormente enfrontamentos "random" consegue facelos interesantes, xa que o deseño das bestas é moi colorido e os enfrontamentos son bastante espectaculares.
Ademáis , está o tema de que a animación está moi moi currada e supera ao anime , algo que é de agradecer.
Hai esceas moi lendarias na película, como ver a tódolos personaxes vestidos de traxe negro empuñado un bazooka ou as pelexas con Shiki. Altamente recomendábel.
Agora, o tráiler:
E un exemplo da BSO, moi boa, por certo:
Nota: 9
- Back to Home »
- Anime , Nota entre 9 e 10 , pelis , shonen »
- Recomendación : Strong World