Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 24 de xuño de 2011




Broken Blade (ブレイク ブレイド Bureiku Bureido ?, a.k.a. "Break Blade") é un manga que goza de bastante populridade sobre o que se realizaron unha serie de OVAs( e estanse a realizar, xa que a historia non rematou) para adaptalo ao anime. Debo dicir que non pasei dos 15 primeiros capítulos do manga porque , sobre todo, pareceume aburrido e falto de ritmo pero debo dicir que nas OVAs a cousa mellora. Así, de que vai?
 Conta a historia dun rapaz chamado Legato, que vive nun mundo no que a maxia é parte da vida diaria e todo se move grazas a ela. As persoas poden facer maxia grazas ao cuarzo e poden usar aparatos que se alimentan da enerxía porporcionada por este mineral.
Sen embargo, o protagonista Legato é unha das poucas persoas que non pode usar aparatos alimentados por cuarzo polo que cando o seu pai o descubre ao nacer, decide irse a vivr ao campo e ensinarlle a traballar a terra a el e ao seu irmán coas súas propias mans. 
Vale, pero , por que deberías ver este anime? Porque hai mechas. Estes mechas están alimentados por cuarzo e dependendo da habilidade do piloto pódense manexar con maior ou menor mestría. 
Así, a historia ten o seu punto de partida cando Legato é requerido polo rei para falar con el. Cando chega ao palacio entérase de que unha guerra entre o seu país e o páis veciño vai comezar, polo que o rei pídelle conselle a Legato xa que son antigos compañeiros de escola.

O rei móstralle a Legato un mecha feito por unha civilización anterior á súa que ninguén pode mover, pero tendo en conta o xénero do anime xa se pode imaxinar o que pasa agora, non?En efecto, Legato é o único que pode movelo e ponse a repartir contra os outros mechas. 
Legato vai de guai e non é para nada un badass, algo que me molaría, pero bueno, está bastante ben como está.
O interesante disto é que o seu argumento é moi profundo, sobre todo  a nivel de relacións entre personaxes: todos dun xeito ou doutro de relacionan e teñen conflictos internos ao loitar entre eles.
A animación é unha maravilla: ver mover os xigantescos mechas sen un triste lag ou baixón de frames non ten prezo. Relacionado con isto está o feito de que os deseños están moi coidados, intentando facer a cousa crible.
A BSO tamén me pareceu boa, aínda que o op non me convenceu demasiado.
Outra cousa polo que se pode romper unha lanza a favor deste anime é o seu ritmo. No manga a cousa vai bastante lenta pero no anime corríxese bastante isto(a pesar de que o anime é calcado a nivel argumental ao manga) dando así algo moito máis dinámico e fácil de seguir

Gustoume.Moito. Agora verei as dúas OVAs seguinte e farei as miñas impresións ao respeito.
Agora, unhas capturas sacadas de http://www.animexz.com/foro/topic15203.html




Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //