Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 17 de xuño de 2011
2 x 1! Cecáis non teñen nada que ver pero aquí comento este par de OVAs. Así, sen máis dilación, comecemos coa OVA de Railgun.
Nesta OVA preséntasenos unha OVA cunha historia allea á historia principal situada despois do incidente do Level Upper. Así, trátase a lenda urbana dunha suposta "presenza" que persegue ás rapazas novas e que lles da tanto medo que rematan por non poder saír da súa habitación. As protagonistas non o toman moi en serio ata que lle pasa a Misaka. Así, sempre que mira detrás súa non hai ninguén a pesar de que sente unha presenza en moitas ocasións.
Todo se resolve en que era un experimento dunha muller do antiskill, que mediante un aparato que producía ondas electromagnéticas era capaz de producirlle esa sensación a Misaka. Sen embargo, parte das veces nas que Misaka miraba e no nhabía ninguén detrás era cousa de Kuroko.
Sae Touma uns breves instantes pero non fai nada importante.
Como OVA vale pero demostra porque a protagonista de ToAru non é Misaka, non ten forza como heroína tal como se atopa actualmente a menos que lle den unha historia boa. Potencial tenno xa que ten un dos poderes máis molóns de toda a serie ao contrario que Touma e a pesar da súa cansina personalidade tsundere pode chegar a caír en gracia ao público.
Agora imos coa OVA de Durarara!!, bastante interesante, x certo.
Sitúase despois do episodio 12 e antes do 13, sendo o episodio 12.5. A historia comeza desde o punto final da mesma vendo os protagonistas vendo pasar unhas luces luminosas que din que son extraterrestres e logo vaise indo cara atrás mediante flashbacks. Así, descubrimos , moi ao estilo Durarara!!, como diferentes persoas que non se coñecen de nada se relacionan e conseguen crear unha situación bastante inverosímil. Todo comeza cando un home ten que escapar correndo da súa casa e a súa muller lle da unha bola con comida para algúns días. Escapa porque un prestamista lle reclama cartos, quen é o amigo de Shizuo, que tamén está alí. A muller deste home vai á comisaría a contarlle as súa penas a un policía e Mikado e compañía saen a dar unha volta.
Celty encárgase de transportar unha cabeza a Izaya, que á súa vez a ten que vender pero como é típico nel trolea aos compradores e quédase coa cabeza e cos cartos.
En resumo, que á fin os citados extraterrestres son persoas pintadas de cores rechamantes que estaban voando polo ceo debido a unha patada de Shizuo. Brutal xD.
- Back to Home »
- Anime , Comentario , Durarara , ecchi , To aru kagaku no railgun »
- Durarara 12.5 & To Aru Kagaku No Railgun OVA