Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 19 de agosto de 2013


Boas! Hoxe falaremos sobre mangas que son adaptacións de videoxogos. Hai todo tipo de adaptacións, dende adaptacións de MMOPRG, ata adaptacións de xogos de consolas de sobremesa, ao tempo que se pasa por xogos de consolas portátiles .

Devil May Cry

Hai diversas adaptacións do universo DMC, dado que a historia é o suficientemente complexa como pra ser exportada a outros formatos de entretemento,véxase, o manga .Así, hai un manga sobre a historia que se conta é DMC 3, que ao igual que o videoxogo, é unha precuela a toda a serie(Xoguei a DMC 5 este verán, comentarei que me pareceu algún día XD ). Realmente é malo . Moi malo XD.
Sinopse de Baka - Updates (traducida e adaptada):


Dante é un asasino de demos e un caza recompensas con herdanza demoníaca propia que o persegue. Actualmente está sen emprego e moi aburrido. Así, unha oporunidade aparece na súa porta en forma do caso dun neno desaparecido, que o seu amigo e xefe, Enzo, lle ofrece. Pero unha recompensa de 4 millóns de dólares , un inesperado ataque dun demo e unha pequena rapaza chamada Alice conspiran pra mandar a dante a unha aventura máis alá da súa propia imaxinación.

Dragon Quest: As aventuras de fly

Dragon Quest é un xogo de rol (RPG xaponés) da quinta de FF(Creo que anterior ao primeiro FF) que ñe relativamente famoso e dada a colaboración de Akira Toriyama non é de extrañar que conte cun manga.De feito, ten máis de 300 capítulos, o que é raro en adaptacións deste tipo XD.
Sinopse de baka-updates(Correxida e adaptada):
"
Fai moito tempo había un valente espadachín que era coñecido como "o heroe". A xente estivera a sufrir a mands dun malvado demo que foi desafiado polo hero e os seus compañeiros que cos seus poderes combinados derrotaron ao demo e salvaron á xente. Así, os monstros que eran controlados polos demos qudaron libres e a illa volveuse un lugar onde se podía vivir con paz e tranquilidade.

Nunha illa remota dos mares do ser vive Dai, un rapaz que fai barcos e que soña con converterse nun heroe. Un día, o heroe demo é revivido polo que Dai e os seus amigos teñen que paralo , así como as forzas malvadas que reviviron con el. No camiño, Dai descobre a identidade do "heroe", a verdade detrás da forza malvada que reviviu ao reu demo e os poderes ocultos do propio Dai que aparecen en momentos de necesidade.

Pokémon:


Xa falei no seu día disto...XD, mirade nos tags do blog se queredes máis información XD.

Zelda: 

Hai MOITOS mangas que son adaptacións de Zelda, basicamente hai un por xogo , dende os primeiros Zelda atao máis recente Skyward sword, aínda que a liña argumental difire notábelmente na maioría dos casos i é bastante complicado saber o título polo que comezar debido á intrincada liña temporal de Zelda XD. Hai mangas que falan de Ocarina of time, Wind waker e outros(Tamén hai doujinshis bastante bos, coma un que fala dunha especie de liña temporal na que Link volve despois de varios anos a Hyrule(The Legend of Zelda: The edge and the light). Aparte hai basicamente un manga por cada un dos xogos.
Teñen unha calidade bastante razoable, son unha boa lectura.

Ragnarok: 

Ragnarok é un MMOPRG coreano relativamente famoso na súa época, agora non tanto, así dun estilo WoW , onde podes customizar o teu personaxe con armas e hai diferentes criaturas máxicas nun mundo aberto.
Hai diferentes adaptacións on demasiado populares, se queredes máis información ide a baka-updates.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //