Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 11 de agosto de 2013

Boas! Hoxe falo dun par de xogos  que xoguei en kongregate e que me pareceron moi bos, se temos en conta que eran xogos flasharei de dous xogos relacionados(un é a precuela do outro) e que me pareceron moi bos, especialmente se temos en conta que son xogos flash feitos con moi pouco presuposto .Non comezarei polo "primeiro", isto é, pola precuela, xa que este foi pubricado despois do orixinal. Imos aló pois, con The Company of Myself


Así, este xogo é dun tipo que está bastante trastornado da cabeza XD. O caso é que está moi forever alone. Literalmente, está na máis absoluta soidade, ou polo menos iso é o que o xogo deixa entrever.Este personaxe ten que chegar dun punto A a un punto B en tódolos niveis e ten a capacidade de moverse a dereita, esquerda e pode saltar. Entón , onde está a graza? Aparte de que hai certas palancas que hai que pulsar pra mover plataformas na orde adecuada, a graza do xogo está en que pra poder superar os niveis teremos que facer uso do coñecido como"ghost" no time trial dos xogos: isto é, iremos co noso personaxe a primeira vez ata xuto debaixo de onde queiramos, pulsaremos un botón e faremos que o noso personaxe salte encima do "ghost" pra chegar ao lugar deseñado. Hai niveis que son bastante complicados dado quer equiren de bastante timing, téñanse en conta que , se por exemplo, tes que saltar unha serie de plataformas, tes que facer paradas pra que lle de tempo a chegar ao teu personaxe. Ademáis está o feito de que o "ghost" non pode ir por algunhas zonas, ao igual que o personaxe normal.
EN conclusión , é un xogo curto(acábase nun par de horas como moitísimo) pero intenso e realmente ten unha idea innovadora posta en práctica dun xeito salientábel.


Agora imos con Fixation, a precuela de The Company of Myself.
A xogabilidade neste cambia totalmente respeito do anterior, dado que nos atopamos ante un plataformas-puzle con MOITO diálogo que nos pon do papel de certa persoa que o protagonista de TCOM(The Company of Myself) menciona no xogo orixinal. Esta persoa vive nunha mansión e quere deixar de fumar, polo que moitos puzles terá que ver co concepto do fume: activar interruptores, facer a "o" pra activar certas portas, usar o fume pra deter raios láser e poder pasar...... Ademáis,será necesario ter moito máis timing que no primeiro, dado que realizar certas accións pódese tornar complicado sen práctica.
É un xogo moi psicolóxico que mostra un viaxe polo subconsciente da protagonista e as interacións que ela ten coa súa compañeira de piso, o mozo desta e co protagonista do primeiro xogo.
É notábelmente máis largo que TCOM (Aínda que tampouco larguísimo, recorda que isto é un xogo flash) e realmente está moito máis currado en canto a ambientación e liña argumental grazasá gran cantidade de diálogos, que , aínda que se poden saltar, son altamente recomendábeis.

E ata aquí o breve comentario destes xogos, espero que vos gustase e que os probedes! 

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //