Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 20 de marzo de 2010

Certamente había ben tempo que non vía un anime de tanta calidade. Moitos consideráno unha obra mestra, ou polo menos moi boa, sendo as opinións na súa contra mínimas.Pero , que é o que ten este anime para ser considerado como tal?Vexamos:
A animación é moi boa, certamente vendo a serie en alta calidade é espectacular , aínda que non é a mellor animaciñon que levo visto. Non floxea, é constante, e ademáis ten matices coma cando se lle debuxan unha maraña de liñas na cabeza dun persoaxe para indicar que está anoxado, ou que non sabe o que está pensando, están certamente moi ben e para min danlle un toque de manga único.
O son é bo, certamente ata o momento de ver esta serie aínda non vira ningunha cuxo opening fora completamente en inglés. É un gran opening e alónxase dos típicos temas anime para centrarse nun ritom moito máis serio que ben podería ser unha canción normal, está feito por Oasis,xD.O ending é cando menos orixinal, en xaponés, aínda que me gusta máis o opening.Relacionado con isto, está que nos primeiros capítulos os protagonistas están en EEUU, e as persoas da rúa e policías falan en inglés. Si, non traducen ao xaponés os seus diálogos, o que é un esforzo de agradecer que fai que a historia gañe en ambientación aínda que certamente os protagonistas hai momentos que contestan en xaponés cando lles preguntan en inglés, e os americanos entenden. Isto é algo surrealista de máis porque dubido que a maioría dos americanos saiban xaponés.
A historia ,para min, é o pilar fundamental da serie, esa pedra angular que a fai elevarse á categoría de OM. Non é a típica historia sen sentido chea de fanservice e onde certamente non se sabe cara onde vai. Non. Aquí estamos ante unha proposta moito máis seria. Para non desvelar moitos spoilers, podo dicir que a historia trata dun mozo que se atopa espido , cunha pistola na man e cun móvil cargado con 8 billóns de yenes(Aproximadamente uns 65,327,491,791.58 €). Perdeu a memoria e tentará buscala. En EEUU coñece a Saki, unha moza estudante universitaria que están en EEUU polo seu viaxe de graduación. Ambos volven xuntos a Xapón. ATENCIÓN SPOILERS: Ben, a medida que transcorre a serie descóbrese que o posible nome do protagonista é Akira, e que está involucrado nunha especie de xogo no que lle dan os cartos para faga do mundo un lugar mellor. Ten á súa disposición unha gardiana que lle consigue todo o que quere . Outros 11 personaxes son seleçao, e o primeiro que consiga o seu obxectivo gaña e os outros morren.FIN_SPOILERS
Os personaxes son moi diferentes entre si. Do protagonista imos coñecendo detalles a medida que avanza a trama e descubrimos que cecáis non fóse un bo home. Da protagonista feminina Saki, sabemos que é unha idealista universitaria que non ten pais e que quere atopar un traballo para non ter que depender da súa irmá. A estes personaxes ha ique sumar un longo elenco de secundarios, están os amigos-familiares de Saki e o resto dos Seleçao. Estes últimos están moi ben caracterizados e diverxen moito uns dos outros. Algúns usan o diñeiro para fins egoistas, para pasalo ben e non rañala , mentres que outros usan os cartos para axudar á xente, como un que gastou os seus cartos para facer un hospital para anciáns dos que non se fa´cia cargo o goberno xaponés.
A violencia non abunda , hai algunha que outra pelexa pero son realistas, sen efectos especiais imaxinarios do estilo de saltos imposíbeis uo pistolas láser. Tampouco se pode dicir que sexa un serie de fansevice , xa que aínda que hai escenas nas que saen persoaxes espidos enteiros ou en roupa interior teñen senso e encaixan na historia.
Algúns diálogos de Akira rozan o absurdo aínda que a maioría deles son moi bos e danche que pensar.
A historia é moi interesante, cada capítulo non ten un final, senón que acaba e o seguinte comeza no lugar no que acabou o anterior. A súa duración é certamente curta , en 11 capítulos no coñecemos o seu final, sen embargo para rematar a historia hai dúas películas, unha que xa se pode ver fansubeada e a outra que acaba de saír pero que aínda a hai subtitulada.
Como conclusión dicir que é un dos mellores animes que levo visto xa que sen usar recursos de tipo fantástico, máis ben ao contrario, usa un realismo no seu desenvolvemento que fai que penses que iso podería pasar e crea unha sensación de inmersión na acción moi interesante.

NOTA: 9

{ 2 comentarios... read them below or Comment }

  1. Subiste esta crítica ya hace dos años? jaja sin duda gran serie y gran crítica, me alegro de que me la recomendaras :)

    ResponderEliminar
  2. Sí, a crítica esta é de fai 2 anos pero o que é a historia rematou máis recentemente, porque a última das pelis saiu a mediados do ano pasado ou así XD

    ResponderEliminar

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //