Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 30 de xaneiro de 2015


#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falarei da primeira tempada da serie de animación secuela-continuación da excelente Avatar, the legend of Aang chamada The legend of Korra e na que se contas as aventuras da persoa que substituiu a Aang coma avatar despois da morte deste, unha rapaza da tribo da auga chamada Katara. Así, que podemos dicir da historia?


ARGUMENTO

A historia non comeza xusto despois da serie anterior senón que hai un salto temporal ata que, Korra, a nova avatar da tribo da auga é o suficientemente maior como para aprender o último elemento: aire(En paralelismo con cando Aang decidiu aprender o último elemento que lle faltaba). Así, atopámonos con que sesenta anos despois da serie orixinal as cousas cambiaron de forma notábel. Substiuímos a ambientación tradicional xaponesa por unha que recorda aos comezos do século XX, onde xa hai grandes cidades con bloques de edificios. Ademáis, obsérvanse un certo nivel de desenvolvemento tecnolóxico: hai coches que recordan aos primeiros modelos e aparellos coma a radio. Realmente resulta curioso que en tan pouco tempo a tecnoloxía avanzase de xeito tan significativo, pero tendo en conta que estamos ante un traballo de ficción tampouco hai que poñerse moi quisquillosos XD.
O caso é que neste primeiro libro da historia de Korra asistimos á viaxe de Korra para aprender o elemento de vento e de paso coñecer a unha serie de personaxes que rematarán formar un grupo para resolver conflictos. Deste xeito, Korra e os seus amigos atópanse cunha ameaza que pon en perigo a unidade de Cidade Capital, unha cidade onde as persoas de diferentes culturas conviven. Dita cidade formouse , en gran medida, grazas a Aang e Zuko da serie previa(Dita historia explícase nunha triloxía de cómics da que xa falei) . Algo interesante é que aquí adóptase un ton máis frontal e adulto en canto a algúns aspectos: na idílica Cidade Capital conviven as persoas que son benders e os que non os son, quenes resultan marxinados e non teñen acceso a moitos servizos, algo que fai que Korra se prantexe se realmente todo funciona de forma correcta e cal é o lado da moeda do que ela debería poñerse.
A nivel argumental , un dos fallos que a serie ten é a falta dun obxectivo final. Certo é que Amón, personaxe que é o vilán principal da tempada e do que falarei máis profundamente na sección de personaxes, funciona de modo correcto como vilán pero dalgún xeito o fío argumental síntese coxo nalgúns momentos coma se Amón fose só unha especie de minni-boss e existise algúns tipo de vilán xefe, quen non chega a aparecer nunca.
Outro fallo é a maneira de establecer a historia: non podes basear unha nova serie nos personaxes da anterior. Podes facer guiños, pero é que neste caso os mellores momentos na serie son , sen lugar a dúbidas, cando hai flashbacks nos que aparecen Aang e compañía. Ademáis, iso xunto co feito de que a maioría de personaxes novos están relacionados dun xeito ou doutro coa serie previa pérdese  forza e fai que este primeiro libro de the legend of korra, pareza máis unha OVA que unha serie completamente nova(Que sí, que xa sei que á fin e ao cabo é unha serie continuación pero creo que podían seguir outra dirección para facela máis interesante).

PERSONAXES

The legend of Korra xunta personaxes relacionados coa serie previa con algúns novos, algo que dan como resultado unha mestura non de todo satisfactoria.


-Korra: Korra é a protagonista da historia. É a avatar e como tal ten moi asumido o seu rol de xefa do "cotarro", non encaixa nada ben que lle digan que non é a máis ultra mega guai. Así, atopámonos cunha personaxes bastante aborrecíbel, que se ve envolta nun triángulo amoroso co paso dos capítulos pero que non consegue despertar demasiada empatía por parte do espectador.
-Asami:Asami é a filla dun maganate multimillonario responsábel da invención do coche. Así, é unha rapaza normal, non ten habilidades de bending pero sabe pelexar mediante o uso de artes marciais i é bastante lista. Ademáis, demostra ser a máis forte psicoloxicamente de tódolos personaxes, segundo a miña opinión.
-Bolin: Bolin é o que se chama o comic relief da serie. Tenta ser o novo Sokka pero quédase nalgo insulso e sen profundidade, con chistes previsíbeis e a maioría das veces faltos de graza. Así, este bender de terra resulta un personaxes non moi interesante dado que por si mesmo non aporta nada á historia.
-Mako: Mako é un tío aparentemente guapo que pode manaexar tano o lume coma o relámpago con aparente facilidade i é o interese amoroso de varias féminas ao longo da serie. Isto é curioso dado que apenas se interesa por elas e demostra unha toal falta de asertividade, pero supoño que había que meter romance no argumento e metérono con calzador coa axuda de Mako.
É un tío chulo e engreído, dahí que non se leve ben con Korra ao comezo pero logo son amigos.
-Tenzin: Tenzin mola. Por que? Porque é o fillo de Aang e iso xa debería ser razón máis que suficiente XD. Agora en serio, para ser un secundario está moito mellor construído que os principais, cun pasado interesante, relacións con outros personaxes importantes e persoalidade distintiva.
-Soi-fong: Soi fong é unha das dúas fillas de Toph, a earthbender da serie anterior. É a xefa do departamento de policía de Cidade Capital i é moi antipática e engreída a primeira vista, aínda que sí demostra preocupación e cariño por certas persoas nalgúns momentos.
-Amon:Amon é o vilán principal da serie. Este personaxe tiña unha tarefa moi complicada: rempreazar a Oozai, un badass suficientemente interesante como para rivalizar con alguén con tres elementos máis.Fai un traballo bastante razoábel e como personaxe está entre os meus favoritos da serie, tanto a nivel de carisma como a nivel de habilidades que resultan bastante interesantes incluso despois de exploralas en profundidade. Ademáis, ten un pasado notábel explorado con flashbacks.

ANIMACIÓN E BSO

A animación está mellor que na serie anterior, hai que ser realistas. Nótase un salto de calidade importante tanto nos modelados de personaxes coma nos escearios. O ton xeral da serie sufriu un lavado de cara e todo vese de forma máis definida.
A nivel de BSO está ben, non sei se mellor que a serie anterior pero definitivamente contribúe a crear a atmósfera que pretende,aínda que despois a nivel argumental a experiencia non sexa completa.

CONCLUSIÓN

The legend of Korra non é unha mala serie. É máis, probábelmente sexa do mellor que se fixo nunca en nickleodeon pero pásalle o mesmo que lle pasaba a Salieri: no seu caso existía Mozart e neste caso existe The legend of Aang.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //